Mostrando postagens com marcador LIBROS. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador LIBROS. Mostrar todas as postagens

25.8.11





«Todo é silencio», de Manuel Rivas: a piques de comezar a rodaxe da película de José Luis Cuerda

23.8.11

Xa está á venda nos Estados Unidos a última obra de Emma Ríos para a Marvel



A VINDEIRA SEMANA SAE DO PRELO EN FRANCIA A OBRA QUE PECHA A TRILOXíA DA MANSIóN DOS MURMURIOS



20.6.11

O Diario Vermello de Flanagan

O Diario Vermello de Flanagan é un libro escrito no ano 2003 por Andreu Martín e Jaume Ribera. O libro é parello co Diario Vermello de Carlota e como este, relata temas da sexualidade e tamén está feito para adolescentes.

O diario comeza cando coñece a unha rapaza na estación do metro chamada Carlota, esta dille que vai facer un diario sobre sexo ao cal Flanagan apúntase aínda que ao comezo resultoulle algo moi estrano. Os temas sexuais son dende o punto de vista masculino dos adolescentes.

Como o Diario de Carlota, é un libro moi entretenido que debería de lerse, sobre todo se liches o de Carlota.

O Diario Vermello de Carlota.

O Diario Vermello de Carlota é un libro escrito no ano 2003 por Gemma Linares. Unha característica do libro é parello ao Diario Vermello de Flanagan. O libro relata temas de sexualidade e esta feito principalmente para adolescentes.

O libro comeza cando Carlota coñece a Flangan, un chico do que acaba namorándose, nese instante os dous deciden comezar a facer un diario vermello no que recoller todas as informacións que teñan sobre ás relacións sexuais... e tamén a experiencia que vayan obtendo. O libro relata todas as esperiencias sexuais dende o punto de vista femenino.

É un libro moi interesante e que deberían ler todos os adolescentes e non soamente as rapazas, dado que desta forma aparte de entreternos co libro aprenderemos sobre a anatomía das rapazas e a forma de pensar que teñen a maioría.

5.6.11

Os vellos non deben namorarse



Os vellos non deben namorarse é unha obra teatral publicada en Bos Aires por Castelao.
Capítulo 1. Conta a historia do Boticario, un vello que está locamente namorado de Lela, pero o problema é que esta está namorada de Carabineiro e pensa casar con él, pero de súpeto a morte o advirte de que vai morrer por namorar da rapaza, e él como non pode casar con ela, prefire morrer.

Capitulo 2.Conta a historia de D.Ramón, un vello que namora de Micaela, unha rapaza moi aproveitada que só o quere polos seus bens e que encima o engana con outro.

Capítulo 3.Os pais de Pimpinela pensan que debe casar con Fuco, xa que ten moitos cartos e así a sacaría da pobreza na que se atopa.Fuco , que está tolo por ela, pídelle matrimnio, ela acepta, aínda que non o quere o o fai por amor os seus pais. O final Fuco morre, e ela chora porque as riquezas que ten non a pode disfrutar có mozo, que é ao que quere en realidade.

A historia acaba cos tres vellos tristes no cemiterio por namorarse de quen no debían, xa que elas ó final casan con mozos aos que querían.

31.5.11

A esmorga

Cibrán o autor conta o que lle sucedeu hai algún tempo na
cidade onde naceu en AURIA.
El é un acusado que declara ante un xuíz, contando a sua historia tráxica del e os seus compañeiros: o Bocas e o Milhomes, que eran homes marxinais.
Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha carreteira, e dinlles para ir de esmorga e o convencen. Pasan o día na cidade de Auria, de borracheira.
Ó saír dunha taberna deciden ir o pazo dos Andrada, onde din que vive unha fermosísima muller. Cando chegan a ven nunha galería de lexos, ao marchar, o Bocas comeza a ilusionarse porque quedara namorado daquela muller.
O Milholmes ten unha idea, de ir a un pazo onde traballa un parente seu, que lles invita a seguir bebendo, que máis tarde por descoido préndelle lume ao pazo, e escapan e marchan para unha casa de alterne na que lles botan fóra, e unha das mulleres dinlle a o Cibrán que o Bocas deixou un home morto a noite antes nunha taberna.
Fan plans de saír de AURIA en tran pola mañá cedo, e van a unha churrería o Milhomes rouba duas botellas de augardente. Escóndense nunha igrexa para que non lles atopen e ó saír van ó mesón do Roxo.
Decíden volver a casa dos Andrada porque o Bocas quere coñecer aquela muller da que se enamorou, entran dentro da casa e eles rouban unhas alfaias, cando a encontraron resultou ser unha boneca.
O Bocas enfurecido deciden ir a ó vertedeiro de Auria, onde vive"Socorrito" que din que está tola, e o Bocas oblígana a estar con el. Cando escoitan berros da muller van onda eles. O Milhomes saca unha navalla, e fere a Cibrán cando trata de paralo. Crávalle tamén a navalla ó Bocas e o mata. O Milhomes escapa do lugar, pero o xeo rompe e desaparece afundido.
O rematar Cibrán coa súa historia, o xuíz ordénalle voltar ó cuartelillo, pero desesperado, Cibrán colle a navalla que servira como proba e cravousena e morre.

28.5.11

"Os dous de sempre"

É un libro que se basa na vida de dous personaxes dende a infancia ata a madurez. Pedriño e Rañolas, con dúas personalidades opostas, dúas historias paralelas que seguen camiños diferentes e dúas formas de vivir a vida, unha conformista e vividora moi protexido pola súa nai e outra inconformista (o personaxe e minusvalido e vive coa súa nai que ten problemas co alcoholismo)  buscase a vida como pode e quere mellorar.
Pedriño e o fillo mais vello dunha familia pobre e vive coa súa tía que o sobreprotexe demasiado. Lacazán, larpeiro, ve pasar a vida sen ningún obxetivo. - "se fose moi rico, moi rico, comeria tres tartas diarias".
Rañolas, que está impedido das pernas, sen pai e cunha nai borracha, supera tódolos obstáculos que se lle podan presentar diariamente. É activo e emprendedor e loita por unha boa vida. -"Se fose, moi rico, moi rico, andaría sempre montado nun cabalo branco".
O libro contrapon dúas formas de ver a vida, unha de ver la vida pasar sen facer nada, e conformandose co que ten, e outra idealista con soños que quere facer realidad, formar parte e mellorar a súa vida, sen conformarse en ningún momento ni compadecerse de se mesmo co as circunstancias que lle tocou vivir.
Mostranos unha nova forma de ver a vida, e expresanos que somos o que o noso propio entorno familiar nos leva a ser, pero que sempre podemos melloralo.
Na miña opinion persoal, gustoume moito este libro, e moi entretetido e fácil de ler, contache algunhas historias tráxicas pero cun tón humoristico que che fai querer seguir lendo e non deixalo ni un so momento. Anímovos a que o leades, e espero os guste.

25.5.11

Os vellos non deben de namorarse...

¨Os vellos non deben de namorarse¨ é unha peza dramática que trata sobre os amores de tres vellos : don Saturio, don Ramón e o señor Fuco que se namoran de tres rapazas : Lela, Micaela e Pimpinela . O libro consta de tres lances independentes onde en cada un contase a historia de cada personaxe de tema e estructura semellante: a súa situación persoal,o medo a morir... Preséntanse encadrados entre un prólogo e un epílogo.
No prólogo se anticipa o tema : os amores dos vellos van emparellados coa morte. Aparece a morte como personaxe que advirte aos tres vellos as consecuencias do seus namoramentos.
No epílogo os tres vellos reúnense convertidos en esqueletos e analizan as circunstancias da súa morte :se foron felices, se realmente valeu a pena namorarse...
Dende o meu punto de vista é un libro moi divertido e interesante onde Castelao quixo manifestar a importancia aos artificios escenográficos mediante os cales modernizou o teatro galego.

Eu anímovos a que o leades !

23.5.11

Aire negro - Agustín Fernández Paz

Bos días!
Estes pasados días estiven lendo un libro, e sinceramente gustoume moito. Ao principio non me convencía de todo, pero cando comezaron as situacións de medo e os sucesos inexplicables que lle ocorrían á protagonista, quedei enganchada e non puiden parar de ler...
Se vos gustan os libros de suspense e misterio, "Aire negro" é perfecto para vós. Descubriredes un mundo que irá máis alá da vosa imaxinación e que vos deixará impresionados.
Adiante!

18.5.11

Nato na terra dos soños...

Bueno este trimestre Pepa mandounos elexir un libro que fora de Cunqueiro, Blanco Amor, Ánxel Fole... e eu sen dudalo escollín a Cunqueiro. Pra min é máxico, xa que consegue facernos entrar nun mundo fantástico por moi negro que este o real...que vos esperabades é de Mondoñedo :P.

Xosé Liñeiras.

Este home naceu con seis dedos na man dereita e outros seis dedos no pe dereito, era coñecido por Pepiño Seisdedos.
Foi visitalo unha tía súa que vivía na Habana e contoulle a Pepiño que xa máis familiares seus tiveran seis dedos, o que quería dicir que os seis dedos viñan de herdanza familiar. Dende aquela xa non se avergoñaba dos seus dedos e amosabaos a quen o desexase. Sempre andaba co pé limpísimo xa que iba a moitas feiras pra averiguar se existía alguén máis con seis dedos, porque como iso viña de herdanza, os que tiveran seis dedos tiñan que ser familiares de seu.

Amadeo de Sabres.

Todo empezou un día no que Amadeo ía pra a feira de Negreira, saiu da súa casa e decatouse de que esquecera o paraugas, volveu por el e este asubioulle. Amadeo desta vez non lle deu maior importancia.
Pero chegou o día no que Amadeo non podía tomar ningunha decisión libremente, xa que todas as cousas asubiábanlle dandolle ordes. Empezaron a asubiarlle tamén as persoas, e como ao médico non podía levar todo o que lle asubiaba decidiu tapoarse os oídos, así foi como se deu de conta de que non eran as cousas as que asubiaban senon que era el mesmo...volveuse tolo e levarono a Conxo.

O loro das Esmelgas.

Un da familia dos Esmelgas, que estaba en Brasil, trouxo un loro foi a novidade durante algún tempo na bisbarra xa que non se falaba doutra cousa. O cura de Moade, don Paco Silvestre, quería ensinarlle latín pero o loro berraba a cada momento, "Eu son Café Filho!".
O loro púxose malo ao estar acostumado ao calor de Brasil e pasar ao frío e a humidade das brétemas meiregas. Don Paco queria mandalo a xunto do cura de Panticosa, no Pirineo aragonés, a un sanatorio onde estaba comprometido a pagarlle seis meses de hospedaxe ao loro. Pero Café Filho morreu antes de que chegara a resposta. Enterrarono decentemente en campo santo nunha lata de doce de marmelo.

Tristán García.

Tristán nunca soupo de onde proviña o seu nome e non coñecía a ninguén que se chamase como el.
Este foi facer a mili a León, e alí comprou nun quiosco "La verdadera historia de amor de Tristán e Isolda", ao fin sabería de quen proviña o seu nome. Ao acabar de ler a historia púxose a buscar a súa Isolda desesperadamente. Un día chamouno un sarxento e dixolle que había unha viuda chamada Isolda que traballaba de churreira.
Tristán foi a buscala  e cando a encontrou veu que era unha velliña cos cabelos brancos índa asi decidiu falarlle, en canto Tristán lle dixo o seu nome a pobre Isolda púxose a chorar. Entre bágoas esta dixolle que estivera agardando pero como non chegou casouse cun tal Ismael.
Tristán foise moi triste cara a estación e cando ía subir ao tren, apareceu Isolda cun paquetiño de churros, doullo a Tristán e bicoulle a man. Isto é amor!


Bueno estas foron unhas cantas historias do libro. A min encantoume xa que é moi ameno e cada historia é diferente, asique aseguroche que non te vas aburrir.

9.5.11

FALANDO DE SEXO

O diario vermello de Carlota, trata dunha acolescente, como o título indica chamada Carlota, que a partir dunhas charlas de sexulidade nas horas de turoría decide escribir un diario onde vai recoller as súas experiencias sexuais. 
Un día á saída do metro coñece a un rapaz chamado Flanagan que acompaña mercar o diario, e deciden escribilo os dous dende diferentes puntos de vista. Fanse moi bós amigo xa que deciden quedar máis a miúdo para poñer ideas en común, debatir opinións, puntos de vista. Ata que chega un momento no que dan conta de que se están empezando a enamorar un do outro, pero o seu non pode ser porque Carlota non da esquecido o seu mozo anterior, Koert, xa que ten que volver a España polo seu deporte, entón ela empeza a ter dúbidas xa que con Flanagan viviu moitas cousas pero aínda así decide quedar como amigos e volver con Koert.


"Os outros feirantes."

Os outros feirantes é un libro de Álvaro Cunqueiro.
Gustoume moito este libro, porque foi novo para min ler un libro
onde os contos ou historias duren tres o catro páxinas.

Unha cousa que fixoseme moi rara foi que cando estaba a ler
via erros, que agora son erros pero antes non, pero entendiase moi ben.

Fixome moi fácil de ler e lixeiro pero os contos que mais gustaronme
foron: " O anano das burlas" e " María a Peneireira".

Os convido a que leades este libro porque mereceo.


Espero que recoñezades  este banco  porque é da nosa cidade
é Álvaro Cunqueiro.

Flanagan Blues Band

Flanagan é espertado por Oriol Lahoz, un detective que lle presentou o seu amigo Santos. Oriol pídelle que recolla o seu coche, que esta preto da Igrexa, polo que máis tarde Flanagan será interrogado pola policía. Oriol márchase no coche, pero é arrestado, acusado de asasinar ao párroco. Flanagán pensa que Oriol é inocente e comeza a investigar, o que non sabe é que terá que descubrir o que pasara facía vinte anos ena fábrica Téxtil, entre a familia Garreta e a Sellarés. Flanagan fala coa muller que acusa a Oriol, a que lle infórma de que o cura intentaba conseguir diñeiro e estaba negociando co anticuario, MartinGala. Segue esta pista con axuda de Blanca, a súa moza, que vai cear co axudante do anticuario para conseguir información e descobre que MartinGala ten unha cuartada. Martina Garreta, unha muller fatal e parella de Oriol Lahoz, pídelle axuda para liberar ao detective; Flanagan acepta, pero ela tenlle que axudar con outro caso. Flanagan vese metido nunha trampa feita por Martina co fin de que lle dixese onde estaban as xoias dos Garreta. Flanagan ten claro que as xoias deben estar en poder do anticuario e se as consegue demostrará a inocencia de Oriol. Para chegar a elas prepara un falso concerto xunto a Martina, Charcheneguer, Vanesa e Blanca, que acaba de forma violenta, pero que lle leva a descubrir que o asasino é un dos policías que lle interrogou, Costa. Con iso logrou poñer en liberdade a Oriol.

Nun lugar chamado guerra

Este fora un dos libros que máis me gustara (e un dos poucos que me gustara), xa que ten unha historia cunha serie de acontecementos que te fan seguir coa letura. Ao comezar a lelo, Sierra i Fabra introdúcenos na vida dun xornalista calquera dun periódico de Barcelona, que ademais acaba de cortar coa noiva que ten dende hai anos, pero que pouco despois descobre que lle van enviar a un dos países de Oriente Medio. Trátase dun conflito imaxinario polo territorio do país (no que intervén a potencia mundial rusa, a milicia do país e unha minoría islámica), pois hai pouco que se descobrera petróleo nel.

Durante a súa estancia, Nestor (o protagonista) sentirá na súa pel as crueldades da guerra, dende as mortes en combate ata a anorexia que sofren os nenos dalí. Mentalizarase da utilidade dos periodistas nas guerras e sentirá afecto polo seu traductor de doce anos, ao que logo verá marchar ante as ofensivas rusas. Este neno fará todo o posible por sobrevivir, enganando ao rapaz con entrevistas falsas aos seus familiares, facéndoos pasar por líderes de guerra (con éxito, por certo), pero que cumplirá a promesa que se fixo a si mesmo no último momento.

Nesta novela, o autor fai varias apelacións á guerra de Chechenia, e foi escrita antes da invasión de Afganistán, o 11-S e a guerra de Irak, sendo precursora de ambas no seu tratamento.

Os vellos non deben de namorarse

É unha das  obras máis populares do teatro galego e tamén unha das mais importantes que escribiu Castelao. Estrenouse en Bos Aires no ano 1941 e desde entón representase en moitos lugares. 
Os vellos non deben de namorarse se basa nun feito dunha triloxía, encadradas entre un prólogo e un epílogo dun mesmo esquema dramático. 

Lance I:
O Boticario, é un vello moi unido as súas irmás e moi namoradizo, está namorado de Lela, unha moza, e pensa ata en casar con ela se as súas irmás lle deixaran, pero Lela está namorada de Carabineiro, e quere casar con el, entón aparece a morte que advirte ao boticario de que tódolos vellos que se namoran de mozas acaban morrendo pouco despois. E como o boticario sabe do seu amorío co rapaz, prefire morrer.

Lance II:
Esta historia vai de  D. Ramón, que se namora dunha moza que lle quere quitar os seus bens,  Micaela, esta enganando con outro, o Portugués, e ten planeado repartir a herencia e casar co  portugués, cando D. Ramón acude a unha das súas citas, bébedo cae e morre.

Lance III:
Na terceira historia, os pais de Pimpinela, están a convencela de que debe casar con D. Fuco que ten moitos cartos, e que se esqueza do mozo, xa que se casara con  Fuco pra sacarlles da probeza, D. Fuco pídelle o matrimonio e ela acepta, aínda que non moi convencida, xa que no fondo segue namorada do rapaz, pero tamén quere enriquecer a súa familia. O final D. Fuco morre na cama; e Pimpinela chora xa que agora ten riquezas pero non as pode lucir xa que esta enloitada, e segue namorada do mozo.

Epílogo:
Os tres protagonistas: O Boticario, D: Ramón e D. Fuco están no cemiterio tristes por namorarse de mulleres novas, xa que o final: Lela casouse co Carabineiro e teñen catro fillos, Micaela ten un fillo co portugués; e Pimpinela casouse co mozo novo do que aínda estaba namorada.

Os vellos non deben de namorarse.

Este trimestre escollín este libro de Castelao como libro de lectura. Fíxome recordar as historias que me conta miña avoa sobre a sua infancia.  Meteste totalemente no contexto con moita facilidade. E despois de lelo é cando entendes porque Castelao o via desde o punto de vista dun pintor e non dun escritor.


Aparte que máis me gusta e a do final. Cando estan os tres velliños falando de como acabaron eles e as suas mozas e acaban dicindo a frase que lle da o título a obra:
Don Ramón: Ímonos deitar.
Boticario:Ímonos,
Báixanse do valado e saen paseniñamente da escea, un após do outro.
Señor Fuco: ¡Por namorarme de vello!
Boticario:¡Por namorarnos de vellos!




A mín gustaríame moito ir ver algunha vez a obra representada. Recomendollo a todo o mundo. É moi faciliño de ler e moi entritido. Espero que sigades o meu consello
e vos guste tanto como mín.

O diario vermello de Carlota

O diario vermello de Carlota é un libro que esta escrito por Gemma Lienas, e que conta moitas cousas sobre a sexualidade da muller (embarazo, métodos anticonceptivos, xenitais de ambos sexos). A protagonista de historia é unha rapaza chamada Carlota que un día decide escribir un diario vermello onde contar tódalas súas experiencias sobre sexo. Cando vai mercar o diario vermello coñece a un mozo no metro chamado Flanagan. Carlota e Flanagan fanse amigos é deciden facer cada un un diario sobre as súas experiencias do sexo.
Carlota e Flanagan vense cada vez con máis frecuencia, coa escusa de intercambiar opinións acerca dos seus diarios e ao final acaban por gustarse e se enrolan, pero Carlota non esquece ao seu antigo noivo Koert, que ademais mándalle un email para dicirlle que ven a España por unha competición de natación. Ela ten dubidas de que facer se quedar con Flanagan ou verse con Koert.
Ao final decide volver con Koert e quedar con Flanagan coma amigos.

Ademais aí outros personaxes como son as amigas de Carlota: Berta, Mireya e Elisenda , os país de Carlota que están separados é Marcos, o irmán de Carlota.

Horario de clase

Horario de clase é un libro escrito por Chistine Nöstlinger e é moi interesante e entretido xa que conta unha historia que xira entorno a unha rapaza adolescente.
Anika, que é como se chama a rapaza, ten moitos problemas de todo tipo xa sexa na sua casa coma no instituto e, como as rapazas da sua idade, esta namorada dun rapaz do instituto chamado Wolfgang que non lle fai moito caso. Por outra parte hai un rapaz chamado Stefan que anda detras de Anika ainda que parece que a ela non lle interesa. Un día provocouse un castigo colectivo no instituto e como consecuencia disto os alumnos convocaron unha folga que lles serviu para coñecerse mellor unos aos outros. Ao final Anika dase conta de como son os seus amigos e lle da unha oportunidade a Stefan.