Mostrando postagens com marcador Germán. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Germán. Mostrar todas as postagens

13.6.11

Montañeros C.F



Hoxe vouvos falar sobre un equipo da Coruña que non é un equipo de sona coma o Deportivo, pero é o equipo de Elviña, fálovos do Montañeros C.F.

O Montañeros Club de Fútbol - Banco Gallego é un club fundado en 1967. Desde a tempada 2009-10 milita no Grupo I da Segunda B.

O Montañeros xorde coma un equipo aficionado a partir dunha asociación de "boy scouts" . Pouco a pouco comezou a facerse notar nas divisións rexionais galegas, e foi avanzando categorías ata chegar a ser profesional. Na tempada 2006-07 conseguiron o ascenso á Terceira División, e na súa primeira tempada conseguiron salvar a categoría quedando no oitavo posto.

Na tempada 2008-09 o equipo rematou na segunda posición, posto que lle fixo disputar os playoffs polo ascenso. Aínda que non conseguiu ascender de categoría no terreo de xogo, xa que perdeu contra o Hellín Deportivo, o descenso administrativo do Cidade de Santiago fíxolle ocupar a súa praza coma mellor galego clasificado. Por esta razón, o Montañeros debutou na tempada 2009-10 na Segunda División B, quedando 10º.
 Nas categorías inferiores, o Montañeros conta con 22 equipos en diversas categorías. Dende a década do 2000 a institución pasou a estar vinculada ao Banco Gallego, e mantén tamén un convenio co Deportivo da Coruña.
O seu uniforme titular é camiseta branca, pantalón branco e medias brancas e o seu uniforme alternativo é camiseta azul mariña, pantalón azul mariño e medias azul mariño. A marca que dá os equipamentos é Adidas, e o patrocinador do club é Banco Gallego.

O Montañeros non conta con estadio en propiedade. Xoga os seus partidos coma local no campo de A Grela, que ten unha capacidade de 1.500 espectadores e céspede artificial, inda que tamén xoga algúns partidos no campo de Elviña. Tamén emprega as instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo, propiedade do Deportivo da Coruña.

Aquí vos deixo un enlace a páxina do equipo.
Germán

9.5.11

Movidas madrileña e viguesa

A movida madrileña foi un movemento contracultural xurdido durante os primeiros anos do posfranquismo e que se prolongou ata  os anos oitenta. A noite madrileña foi moi activa non só polas saídas nocturnas dos mozos, senón por mor dun interese inusual polas drogas, o underground ou a contracultura. A aparición de discográficas permitiu a creación dunha música distinta.

O movemento estendeuse mimeticamente a outros lugares do estado (como a movida viguesa). O apoio político a esta cultura alternativa pretendía mostrar un punto de inflexión entre a sociedade franquista e a nova sociedade da democracia; esta imaxe dunha España "moderna", ou canto menos aberta á modernidade, sería utilizada internacionalmente para combater a mala imaxe que adquirira o país durante a ditadura. A revista La Luna foi o baluarte do movemento, que achou reflexo nalgúns programas televisivos e outros musicais, e tivo o seu cronista no escritor e xornalista Francisco Umbral, o seu poeta en Eduardo Haro Ibars, o seu graffitero en Juan Carlos Argüello «El Muelle». Houbo estilos e vertentes novas en:
  • Pintura e fotografía, con artistas gráficos como Ceesepe, El Hortelano, Ouka Lele, Agust, Nazario, Miguel Trillo ou Alberto García-Alix.
  • Grafiti, seguindo o ronsel de El Muelle (Juan Carlos Argüello).
  • Cine, con Pedro Almodóvar como máximo expoñente (Pepi, Luci, Bom y otras chicas del monton (1982), Laberinto de pasiones (1982)).
  • Literatura, xurdida á palestra o 13 de marzo de 1984 co debate no Faladoiro de Creadores (Círculo de Belas Artes de Madrid) «Narrativa na Posmodernidad», no que participaron Gregorio Morais, Javier Barquín, Boris Izaguirre, Camilo Sesto, José Ton, Luís Mateo Díez, José Antonio Gabriel e Galán, José Luís Moreno-Ruiz e Ramón Mayrata.
A movida viguesa foi un período de creación cultural, entre 1977 e 1981, que coincidiu no tempo coa movida madrileña. Foi un movemento musical e estético asociado á noite e ós bares do casco vello da cidade, que supuxo unha reacción á música, nun contexto de forte crise económica e de certa dubida política a finais da década dos 70, tras a desaparición da ditadura.

Aparecen unha variedade de grupos de estilos moi variados (punk, pop, tecno, reggae ou funk), xunto con letras caóticas con escaso compromiso coas convencións sociais imperantes. Golpes Bajos, Aerolineas Federales, Os Resentidos, Semen Up, Siniestro Total e Radio Océano, entre outros son grupos que xorden baixo o manto da movida.

Flanagan Blues Band

Flanagan é espertado por Oriol Lahoz, un detective que lle presentou o seu amigo Santos. Oriol pídelle que recolla o seu coche, que esta preto da Igrexa, polo que máis tarde Flanagan será interrogado pola policía. Oriol márchase no coche, pero é arrestado, acusado de asasinar ao párroco. Flanagán pensa que Oriol é inocente e comeza a investigar, o que non sabe é que terá que descubrir o que pasara facía vinte anos ena fábrica Téxtil, entre a familia Garreta e a Sellarés. Flanagan fala coa muller que acusa a Oriol, a que lle infórma de que o cura intentaba conseguir diñeiro e estaba negociando co anticuario, MartinGala. Segue esta pista con axuda de Blanca, a súa moza, que vai cear co axudante do anticuario para conseguir información e descobre que MartinGala ten unha cuartada. Martina Garreta, unha muller fatal e parella de Oriol Lahoz, pídelle axuda para liberar ao detective; Flanagan acepta, pero ela tenlle que axudar con outro caso. Flanagan vese metido nunha trampa feita por Martina co fin de que lle dixese onde estaban as xoias dos Garreta. Flanagan ten claro que as xoias deben estar en poder do anticuario e se as consegue demostrará a inocencia de Oriol. Para chegar a elas prepara un falso concerto xunto a Martina, Charcheneguer, Vanesa e Blanca, que acaba de forma violenta, pero que lle leva a descubrir que o asasino é un dos policías que lle interrogou, Costa. Con iso logrou poñer en liberdade a Oriol.

4.4.11

Grazas por facer que cambiase a miña forma de ver a poesía

Lucía Aldao
Como todos saberedes, hai uns cantos días viñeronos visitar Lucía Aldao e María Lado. Estas dúas mozas conxeniaron moi ben con nós, Lucía Aldao por coñecer o instituto e María Lado polo seu sentido do humor  e o acento típico da Costa da Morte. Elas conseguiron que cambiara a miña forma de ver a poesía, xa que antes da súa visita eu tomaba a poesía coma un aburrimento e coma algo a evitar.

María Lado
O que máis me gustou foi o poema que fixeron a partir dos graffitis que viron nas rúas, a forma coa que unían os "versos" e facían un poema con sentido. Outra das cousas que me gustou foi a tradución do poema de Celso Emilio Ferreiro ("Deitado frente ao mar") no que mostraron, con ironía, que coa tradución do poema, este perde sentido.

Cabe destacar que Lucía aparte de facer poemas, canta e toca a guitarra, escoitei unha canción dela titulada "Pobriña" e María xa publicou catro obras entre a que se encontra "Berlín".
En definitiva, quixera darbos as grazas por facer que cambiase a miña forma de ver a poesía, agora sei que calquera pode facer un poema só con pensar un pouco e ir enlazando as ideas.

14.2.11

Non era amor, mais ti falabas delo

Teño unha bala proxectada no peito
e resisto ben calado
porque Amar non é delito
é un proceso de esperar
constrúo un leito de cravos
con tantas indecisións e madrugadas
agardo que volvas
as metáforas foxen destas liñas
e ninguén fala. 



Sobre este mal de amores
enfraquezco desdeixado
e sigo un pouco máis
para atallar no momento
que regreses a este corpo
e ninguén fala.


 Poetas: Estevo Creus, María Lado, Miro Villar, Rafa Villar, Pilar Pallarés e Modesto Fraga.

2.2.11

Ánxel Casal "fixo máis por Galiza que todos nós"

Ánxel Casal
Ánxel Casal Gosenge, naceu en Betanzos o 17 de decembro de 1895, en 1909 emigrou a Bos Aires. Volveu á Coruña e traballou no consulado francés e pouco máis tarde volveu emigrar a Bordeos.

Uniuse á Irmandade da Fala da Coruña, colaborou no Conservatorio da Arte Galega e foi o primeiro mestre da Escola do ensino galego das Irmandades.

Casou con María Miramontes e en 1924, colaborando con Leandro Carré Alvarellos, fundou a Editorial Lar e Editorial Nós, da súa imprenta saíron A Nosa Terra e a revista Nós. A súa actividade como libreiro e impresor serve para explicar o galeguismo entre os composteláns, xa que, coa súa imprenta gañouse o respecto dos grupos que constituían a Fronte Popular e tamén foi editor e impresor das revistas Claridad  e Ser .

Militante do Partido Galeguista e pertencente á Masonería, foi alcalde de Santiago e vicepresidente do Comité executivo para o Estatuto de Autonomía e como alcalde impulsará a iniciativa de crear a Asociación de Escritores de Galicia. O 16 de xullo de 1936 entrega o texto estatutario. Co golpe de estado regresa a Compostela e tras o trunfo da sublevación militar escapou para a Vilantime (Arzúa). Foi detido o 4 de agosto, aínda que hai quen di que ese día foi o día en que o mataron, e paseado o 19 de agosto, o seu corpo apareceu nun foxo de Cacheiras.

No seu recoñecemento ten en Santiago de Compostela unha biblioteca co seu nome. En 2006 foi presentado para o día das letras galegas, pero ao final foi escollido Manuel Lugrís Freire.
Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela
Deixovos aquí unha ligazón por si queredes saber algo máis sobre Ánxel Casal.

19.1.11

Estatuto de Autonomía de Galicia (1936)

Vou falar do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936, pero para iso teño que empezar pola iniciativa do Seminario de Estudos Galegos hacía a autonomía e o xurdimento do Partido Galeguista (PG)  .

En maio de 1931 o Seminario de Estudos Galegos fixo un Anteproxecto de Estatuto de Galicia, que comezaba así:

Artigo 1: Galicia é un Estado libre dentro de España.
Artigo 2: As linguas oficiais de Galicia son o galego e o castelán.
Artigo 3: As cores nacionais de Galicia son o brancoazul.
Artigo 4: O territorio de Galicia abarca as provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Artigo 5: Poderáse agregar ó territorio de Galicia calquera outro fronteirizo, por acordo da maioria dos electores.
Artigo 6: Serán galegos:
  • Os fillos que nacen no territorio galego.
  • Os fillos de pai e nai galegos, ainda que nazan fora.
Neste ano xurdiu PG que estaba formado por Castelao, Cabanillas, Otero Pedrayo, Risco, Cunqueiro...


Cartel de Castelao
Máis adiante, en 1932, realizouse un Estatuto con seis titulos e 49 artigos. Definía unha Galicia autónoma onde convivían galego e castelán. Os órganos de poder establecidos eran a Asemblea Lexislativa, a Xunta de Galicia e o Presidente. En decembro dese ano apróbase o documento definitivo. O texto detivose por culpa do Bienio negro.

Durante este ano a campaña para que se aprobara o Estatuto de Autonomía foi impresionante, cos carteis de apoio de Castelao, Seoane... En 1936 celebrouse a votación do Estatuto, no que houbo o 75% dos votos a favor. Algúns artigos da constitución son:
 

Castelao e un dos seus carteis


Artigo 1: Galicia organízase como rexión autónoma España, conforme a Constitución da República e co presente Estatuto.

O seu territorio é o dos municipios dentro dos actuais límites administrativos das catro provincias.
Artigo 2: Poderase agregar a Galicia calquera territorio parecido nas características históricas, culturais, económicas e xeográficas. 
Artigo 4: Serán idiomas oficiais en Galicia, o castelán e o galego.
Artigo 5: As atribucións recoñecidas a Galicia neste Estatuto, serán exercidas: por unha Asamblea lexislativa, polo presidente da Rexión, e polá Xunta de Galicia (...)
Artigo 6: A Asamblea comporase de deputados elixidos por sufraxio universal, igual, directo e secreto, segundo o sistema de representación proporcional e para un período de tres anos.
Artigo 7: O presidente da Rexión asumirá a representación de Galicia para todos os efectos; (...). Será elixido por votación popular directa e secreta, por un período de catro anos.

Gómez Román, secretario do PG, e Castelao, deputado, entregaban ó Presidente das Cortes o texto do Estatuto. Pero o Estatuto galego non entrou en vigor por culpa da Guerra Civil, que fixo que se retrocedera case todo o que se conseguiu nos comezos do século XX.

9.12.10

Mensaxe a un luxemburgués


Ola Andy

Que é da túa vida? Vai frío por Luxemburgo? Eu aquí facendo un traballo das linguas do mundo e do meu país, se queres mándoche o que fixen e míralo, aínda que será mellor que cho conte e así remato axiña.

Como xa sabes (ou iso espero) hai moitas linguas no mundo e que están clasificadas dependendo da súa utilización, así que observa o seguinte porque é así como as hai:

Linguas oficiais: Que son as que representan ao Estado no que son faladas, por exemplo o español en España.

Linguas sen estado: Son as propias dun territorio sen independencia política, por exemplo o bretón en Francia.

Linguas maioritarias: Son aquelas que teñen moitos falantes, por exemplo o portugués.

Linguas minoritarias: Son as que teñen un menor número de falantes, por exemplo o galego é unha destas linguas, pero tamén o alemán en Francia e as linguas que non se falan nun lugar en concreto.

Linguas hexemónicas: Son as de gran prestixio social polo poder pólitico-ecónomico, a lingua hexemónica actual é o inglés, pero eu creo que non durará moito.

Linguas minorizadas: Son as que están en inferioridade nunha comunidade lingüística e non teñen recoñecemento oficial, resumindo que unha lingua prestixiosa desprazou a este tipo d linguas.

Espero que non te estes aburrindo, aínda que agora creo que che vou contar é algo que che ten que soar por..., mellor non dicir porque. Son as distintas linguas da UE.
Como xa saberás na UE fálanse unhas 40 linguas máis ou menos, que están repartidas en países:

Monolingües: Islandia, O Vaticano, San Marino e Liechtenstein.

Bilingües: Irlanda (irlandés e inglés).

Plurilingües: Francia, Italia... (unha soa lingua oficial) Bélxica...(dúas ou máis oficiais).

Digo eu que ti serás unha persoa plurilingüe, por que en Luxemburgo falase máis dunha lingua oficial, non?
Da igual agora direiche as linguas que existen en España, é dicir, no meu país.

En España un 40% da poboación vive nun territorio plurilingüe, pero so a metade desa poboación usa unha lingua distinta ao castelán, isto produciuse porque na Península fíxose que se impuxera o castelán na Idade Media. O que pasou na Idade Media foi corrixido en 1978 coa Constitución Española.
Actualmente, as linguas que teñen un recoñecemento oficial son: galego,catalán (Cataluña e Illas Balares), valenciano e éuscaro (País Vasco e Navarra). Hai máis linguas españolas como o asturiano o aragonés e o aranés (val de Arán e Lleida)

Pero deixo isto de lado e falareiche do meu idioma: o galego. O galego aparte de falarse en Galicia, onde eu vivo, falase ao oeste de Asturias  e de Castela e León e, aínda que pareza incrible, tamén no val do Ellas, en Estremadura.

Para min o galego é un idioma da miña terra, o que me diferenza dun madrileño ou dun vasco é como para ti o luxemburgués é o idioma que te diferenza dun francés. Hai persoas que din que o galego e de vellos ou da aldea, e non me parece lóxico porque é unha lingua coma outra calquera.

Perdóame se che fixen perder o tempo e se che gustou pódesme preguntar dese tema cando queiras.

Un saúdo Andy, cóidate e xa che tocará a ti falarme algún día de Luxemburgo.

4.12.10

"Corredores de sombra"

"Corredores de sombra" é o último libro en galego que lin, é dun escritor que me gusta moito: Agustín Fernandez Paz.

O libro trata dunha rapaza, Clara, que relata o verán de cando ela tiña 16 anos, onde uns obreiros encontran emparedado un esqueleto cun furado de bala, que se supón que leva aí dende os tempos da guerra, no pazo dos seus pais e ela decide investigar a quen pertencen eses ósos. Nese mesmo verán coñece a un rapaz do que se namora e ao que lle conta todo o que descobre, logo dun tempo decatase de que hai xente que non quere que se saiba nada do tema, pero ao final descobre de quen era ese esqueleto e tamén cousas pasadas da súa familia.
O libro en xeral está moi ben e recomendollelo a todo aquel ao que lle guste o misterio e o amor, pero creo que hai cousas que sobran e outras que faltan, para min sobra a conversa con Demetrio (personaxe que se coñece ao avanzar no libro) e falta algo cando Clara e Miguel están a mirar as estrelas, o final gustoume pero penso que me gustaría se rematara doutra maneira, por exemplo que o pai de Clara fose á cadea por ocultar probas a autoridade e que o tío de Clara quedase en Galicia en vez de voltar a Barcelona e o que daría lugar, o que para min sería  que ao fin de todo o amor entre Clara e Miguel triunfase, despois de pasar o que pasaron.
Espero que despois desta entrada vos animedes a lelo, que non custa nada e é fácil de leer.

7.11.10

26.9.10

Viaxe a Xapón

Fun a Xapón porque quería coñecer o mundo asiático, así que fixen a maleta e fun ao aeroporto de Alvedro e collín o primeiro voo con dirrección a Xapón. Á chegada esperábame un guía nun coche que previamente eu alugara. Ao caer a noite fascínoume como se iluminaban algúns dos edificios de Toquio, logo de ver isto funme a aloxar a un hotel.
Nos días posteriores fun visitar moitos lugares co guía entre os máis destacados encontranse:

O lago Kawaguchi , ao que fun en tren, desde o que se pode ver o monte Fuji.


 Kyoto que é o segundo destino turístico máis popular de Xapón. A súa fama débese principalmente aos seus excelentemente preservados sitios históricos.


Hiroshima, lugar onde caeu unha bomba nuclear e que agora é coñecida por ser un lugar de paz.



O que máis me sorprendeu foi que non utilizaran o 4 e o 9 porque din que causa mala sorte. O 4 en xaponés significa morte e o 9 sufrimento, por exemplo nos hospitais non existe a sala 4 nin a sala 9.


Nesta viaxe quedei farto de comer arroz fervido  e sushi unha semana enteira, aínda que tamén comín sukiyaki que consiste en carne fervida na mesa xunto a vexetais e outros ingredientes.


Despois dunha semana volvín para A Coruña en avión e na aterrase do voo esperábame a miña familia.