Mostrando postagens com marcador LOIS PEREIRO. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador LOIS PEREIRO. Mostrar todas as postagens

22.5.11

TABOLEIRO NOVO!!

Aquí deixo o meu taboleito rematado, espero que vos sirva de axuda! ;)

19.5.11

As homenaxes chegan ata Nova York.


Hoxe por casualidade lín no periódico (La voz de Galicia) que o mesmo irman de Lois foi ata Queens, Nova York para participar nesta homenaxe. Onde se estivo falando da vida do autor e de que aínda de que este non era moi festeiro gustaríalle estar alí. O artículo comeza dicindo o seu irman o seguinte:

E por sorte ou desgraza cumpriu as tres.

Tamén nos fala de que o pasado sábado 14 de maio, o centro galego de Lima, tamen lle dedicou un homenaxe o que asistiu o embajador español de Perú: o coruñés Javier Sandomingo.

Gustoume moito encontrarme esta noticia no periódico. 
É sinal de que as letras galegas non só son importantes na propia Galicia, 
que tamén poden chegar ao outro lado do mundo.



Lois Pereiro


Naceu en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958, estuda no colexio dos Escolapios e comeza a escribir con 15 anos. Ó finalizar COU marcha cara Madrid onde estudará Ciencias Políticas e Sociolóxicas. Máis tarde funda alí a  revista Loia con Antón Patio, Manuel Rivas  e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.

Cara 1981 marcha vivir a Coruña, onde se une a revista La Naval. Nesa época entra en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio López Valcrcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor e De amor e desamor II e colaborando en numerosas revistas.

Tamén traballou como traductor de alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema e de televisión: publicou dous poemarios e en 1996, o ano da súa morte saíu a luz Poemas para unha Loia, onde se recollen obras da época madrileña, publicadas xa na revista Loia.

A súa morte foi debida a unha intoxicación  por aceite de colza,  a parte de estar enfermo de SIDA.

16.5.11

DIFUNDE O GALEGO NAS REDES SOCIAIS



O abecedario de Lois Pereiro

14.5.11

Revistas imnovadoras

LA NAVAL

Revista La Naval.É unha proposta na que moitos personaxes da movida coruñesa vense reflexados nas súas páxinas. Nelas participa todo aquel que desexe escribir sobre A Coruña, sempre cun sentido de reivindicación atlántica e de volta aos verdadeiros costumes galegos. Foi un fanzine minoritario, pero divertido, actual, imaxinativo e transgresor das normas tanto escritas coma gráficas.


O seu consello de redación compoñíano Lois Pereiro, Josito Pereiro (cantante de Radio Océano, redactor de El País e Televisión Española e irmán de Lois), Suso Iglesias (director da revista e da TVG), Miguelanxo Prado (debuxante de Xabarín Club) e Santiago Romero (Baixista de Radio Océano e director de La Opinión de Coruña).

TinTimán


Portada de Tintimán, 1984.
Trátase dun fanzine onde todo tipo de persoas falan da cidade de Vigo dende diversos puntos de vista, usando gran variedade de recursos visuais, con mirada sempre no progreso. Moitos deles eran herdeiros do franquismo e estaban acostumados a facer panfletos, pero nesta revista se senten libres para dicir o que queiran.


Os directores eran Santiago e Javier Moreda García, e os seus colaboradores eran os tres escritores X. L. Méndez Ferrín, Suso de Toro e Víctor Freixanes; o fotografo e profesor Luís Carré, o profesor e cantante de Os Resentidos Antón Reixa, o escultor e pintor Gonzalo Viana e outros moitos.

10.5.11

O punk

Grupo de punkys
O punk é un movemento musical dentro do rock que emerxeu a mediados dos anos 1970. Nos seus inicios, o punk era unha música moi simple e crúa, ás veces descoidada: un tipo de rock sinxelo, con melodías simples de duracións curtas, sons de guitarras amplificadas pouco controlados ou ruidosos, poucos arranxos e instrumentos, e, polo xeral, de compases e tempos rápidos. Xurdiu como unha burla á rígidez dos convencionalismos que ocultaban formas de opresión social e cultural.

O termo inglés "punk" ten un significado despectivo que adoita variar, aplicándose a obxectos (significando "lixo") ou a persoas (significando "vago", "despreciable" ou, tamén, "escoria"). Utilízase de forma irónica como descrición do substrato crítico ou descontento que contén esta música. Ao utilizalo como etiqueta propia, os "punkies" desmárcanse da adecuación aos roles e estereotipos sociais. Debido ao carácter deste significado, o punk a miúdo asociouse a actitudes de descoido persoal, utilizouse como medio de expresión de sentimentos de malestar e odio, e tamén deu cabida a comportamentos neuróticos ou autodestructivos.

Sen dúbida, a primeira banda que pode ser xa considerada plenamente como punk na Galiza son os vigueses Siniestro Total, formados en 1981, aínda que máis ou menos na mesma altura hai outras bandas relacionadas coa movida viguesa da que fala Germán na súa entrada.

Os grupos iniciadores da movida madrileña empezaron a finais dos 70 cunha actitude e musicalidad eminentemente punk especialmente o grupo Kaka de Luxe, verdadeira semente da Movida, que posteriormente continuou a súa liña punk nas súas dúas escisións: Alaska y los Pegamoides e Radio Futura.

A filosofía punk pode resumirse en "Faino ti mesmo", "faino ao teu xeito". Rexeitar os dogmas, e non buscar unha única verdade. Cuestionar e transgredir todo o que rodea. Non actuar conforme ás modas e as manipulacións mediáticas ademais de estar en contra do consumismo. Pensar por ti mesmo.

IMPRESCINDIBLE(S)

9.5.11

Movidas madrileña e viguesa

A movida madrileña foi un movemento contracultural xurdido durante os primeiros anos do posfranquismo e que se prolongou ata  os anos oitenta. A noite madrileña foi moi activa non só polas saídas nocturnas dos mozos, senón por mor dun interese inusual polas drogas, o underground ou a contracultura. A aparición de discográficas permitiu a creación dunha música distinta.

O movemento estendeuse mimeticamente a outros lugares do estado (como a movida viguesa). O apoio político a esta cultura alternativa pretendía mostrar un punto de inflexión entre a sociedade franquista e a nova sociedade da democracia; esta imaxe dunha España "moderna", ou canto menos aberta á modernidade, sería utilizada internacionalmente para combater a mala imaxe que adquirira o país durante a ditadura. A revista La Luna foi o baluarte do movemento, que achou reflexo nalgúns programas televisivos e outros musicais, e tivo o seu cronista no escritor e xornalista Francisco Umbral, o seu poeta en Eduardo Haro Ibars, o seu graffitero en Juan Carlos Argüello «El Muelle». Houbo estilos e vertentes novas en:
  • Pintura e fotografía, con artistas gráficos como Ceesepe, El Hortelano, Ouka Lele, Agust, Nazario, Miguel Trillo ou Alberto García-Alix.
  • Grafiti, seguindo o ronsel de El Muelle (Juan Carlos Argüello).
  • Cine, con Pedro Almodóvar como máximo expoñente (Pepi, Luci, Bom y otras chicas del monton (1982), Laberinto de pasiones (1982)).
  • Literatura, xurdida á palestra o 13 de marzo de 1984 co debate no Faladoiro de Creadores (Círculo de Belas Artes de Madrid) «Narrativa na Posmodernidad», no que participaron Gregorio Morais, Javier Barquín, Boris Izaguirre, Camilo Sesto, José Ton, Luís Mateo Díez, José Antonio Gabriel e Galán, José Luís Moreno-Ruiz e Ramón Mayrata.
A movida viguesa foi un período de creación cultural, entre 1977 e 1981, que coincidiu no tempo coa movida madrileña. Foi un movemento musical e estético asociado á noite e ós bares do casco vello da cidade, que supuxo unha reacción á música, nun contexto de forte crise económica e de certa dubida política a finais da década dos 70, tras a desaparición da ditadura.

Aparecen unha variedade de grupos de estilos moi variados (punk, pop, tecno, reggae ou funk), xunto con letras caóticas con escaso compromiso coas convencións sociais imperantes. Golpes Bajos, Aerolineas Federales, Os Resentidos, Semen Up, Siniestro Total e Radio Océano, entre outros son grupos que xorden baixo o manto da movida.

"Siniestro total" e "Os Resentidos"

"Siniestro total" é o nome dun grupo de música punk-rock creado na cidade de Vigo en verán de 1981 por Germán Coppini, Miguel Costas, Alberto Torrado e Julián Hernández aínda que pasaron varias xeracións ata quedar actual formada por Julián Hernández, Javier Soto, Óscar G. Avedaño, Ángel González e Jorge Beltrán.

Este grupo ten planteamientos iconoclastas y neo-dadaístas en sus textos. En 1982 publican o seu primer álbum titulado "Cuando se come aquí?" que causa impacto na escea rock española. Dende o primeiro álbum se han publicado outros 15 álbumes publicados en varios países fora de territorio español.


"Os resentidos" é un grupo vigués que formou parte da movida da cidade viguesa, o grupo é formado no ano 1982 e é dirixido polo polifacético Antón Reixa que durante a súa traxectoria usou o galego nas súas composicións. Destaca por ser o primeiro grupo en popularizar un tema en galego en todo o panorama español.

A composición do grupo estivo composta por Antón Reixa, Alberto Torrado (baixo), Javier Soto (guitarra) e Rubén Losada (saxo), mais en 1985 Javier Soto abandonaría a banda para unirse a "Siniestro total" , sendo substituído por Xavier Debesa.
O grupo acábase separando a finais do verán de 1994.

21.4.11

    A obra menos incompleta de Lois Pereiro

    O selo catalán Libros del Silencio recupera fragmentos inéditos de Conversa ultramarina nunha edición bilingüe que reúne toda a poesía e toda a prosa do monfortino
    IAGO MARTÍNEZ21/04/2011