Mostrando postagens com marcador ACTIVIDADES. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador ACTIVIDADES. Mostrar todas as postagens

14.6.11

Desde Sarria ata Portomarín

O martes 6 deste mes os alumnos do IES fixemos unha das etapas do Camiño de Santiago, a estapa que iba dende Sarria ata a localidade de Portomarín, en total uns 22 kilómetros de distancia, acompañados dalgúns profesores do departamento de Educación Física.


Alumnos de terceiro, cuarto e primeiro de bacharelato participamos na actividade que fixemos en dúas partes, a primeiras dende a chegada a Sarria ata a hora de comer e despois de comer, o resto do traxecto ata Portomarín.  donde nos deixaron tempo libre de lecer, aínda que como estabamos moi cansos foi máis de descanso que tempo de lecer... Cabe destacar que aínda que moitos se queixaron dos kilómetros percorridos conseguimos facela etapa enteira sen ningún percance.


En conclusión foi un traxecto interesante, longo e bonito que disfrutamos todos os alumnos que decidimos facelo deixando a parte a distancia que había que percorrer.


Agora que nos boten quilómetros... que xa non nos meten medo!

23.5.11

Camiños galegos!

Ola! O outro día estivemos nas Fragas do Eume nunha " excursión" co instituto. Comezamos vendo un vídeo da fauna e, a continuación, emprendemos a aventura.
Empezamos facendo un pequeno traballo que, consistía en poñer os nomes das follas das árbores nun folio.
Eu paseino moi ben, sacamos moitas fotos e rímonos moito!
Tivemos que cruzar unha ponte e os rapaces movíana cando nos pasábamos!
Foi unha mañana moi divertida, ademais aprendimos cousas e a clase fíxose moito máis amena. A paixase é estupenda  e o río é impresionante coa cor azulada que ten.


Ola! eu son Héctor, e acompañei a Eva ás Fragas do Eume co resto da clase. Como ben di a miña compañeira, foi todo moi divertido, e seguramente nós iriamos de novo de excursion sen necesidade de que sexa unha actividade do instituto. 
Foi incrible, andamos moito si, pero todo por unha boa causa.
Despois da ponte, encontramonos cun camiño que era moi dificil, eu casi cain ^^ .
Non tiñamos moito tempo, e só nos deu tempo de chegar a unha casiña onde se gardaban as castañas, ali coidábanse para que durasen todo o ano.


RECOMéNDOCHO !!!! Ademais poderás descubrir isto



11.4.11

A visita de Pedro García Aguado

Pedro García Aguado
O pasado venres visitounos Pedro García Aguado un ex-xogador de waterpolo e actualmente presentador do programa "Hermano mayor".

A visita realizouse no salón de actos na que nos encontramos unha mesa enriba do escenario, nesa mesa encontramos a parte do equipo directivo e do equipo do A.P.A. do noso instituto, e por último, a un Pedro García Aguado que comezou a explicarnos os problemas da poboación coas drogas mediante una presentación

Pedro coa selección de waterpolo.
Pedro falou dos problemas das persoas coas drogas, ensinounos vídeos, fotografías e das súas vivenzas persoais no mundo da droga e da festa co que convivía mentres coroabase campión de waterpolo nas olimpiadas de Atlanta.

Para finalizar a charla, respondeu preguntas tanto de alumnos e profesores do centro coma de pais que se achegaron a escoitar a charla.

Quixera agradecer a Pedro por visitar o noso instituto e charlar con nos des problemas das drogas e tamén das súas propias experiencias.


Para máis información pódese visitar a súa páxina web.

22.11.10

Manicomicos en elviña!!!!

Hoxe veunos  visitar o grupo de teatro Manicomicos da Coruña.


Representaron unha obra de tipo forum, quere dicir que participan eles escenificando e despois nos falabamos con eles.


Gustoume moito. Trataba do uso do galego nun centro de saúde . Entre outras cousas discutían sobre o idioma que debía usar a médica, xa que estaba nun servizo de saúde galego.


Non conto mais nada, se queredes saber de que vai ou que máis sucedeu forades velo como fomos os demais jejejeje. 


Deixo 3 fotos das actuacións que tivemos que facer dous compañeiros e un anaco do vídeo da 
actuación de Sara , a nosa compañeira de terceiro.


Un saúdo.
Sara defendendo a súa opinión
E segue defendéndoa.
Eu representando a miña opinión.

Bótalle unha ollada aos videos