Mostrando postagens com marcador Eduardo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Eduardo. Mostrar todas as postagens

9.5.11

Dos poemas Luz e sombras de amor resucitado



Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferenza
a miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida

Lois Pereiro

resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.
Cero a esquerda
O corredor de fondo perde o alento
fuxindo dunha vida inzada de renuncias
da súa liturxia obesa e oleosa,
mediocre nos seus comunais fracasos,
bágoas de xelo, indignación contida
non deu chegado a tempo de exercer
a súa rebelión,
nin de levar a cabo
a súa vinganza definitiva
contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,
pola inutilidade da súa propia vida
solitario, enfermo e fatigado,
a morte anticipouse e chegou antes.

O diario vermello de Carlota

O diario vermello de Carlota é un libro que esta escrito por Gemma Lienas, e que conta moitas cousas sobre a sexualidade da muller (embarazo, métodos anticonceptivos, xenitais de ambos sexos). A protagonista de historia é unha rapaza chamada Carlota que un día decide escribir un diario vermello onde contar tódalas súas experiencias sobre sexo. Cando vai mercar o diario vermello coñece a un mozo no metro chamado Flanagan. Carlota e Flanagan fanse amigos é deciden facer cada un un diario sobre as súas experiencias do sexo.
Carlota e Flanagan vense cada vez con máis frecuencia, coa escusa de intercambiar opinións acerca dos seus diarios e ao final acaban por gustarse e se enrolan, pero Carlota non esquece ao seu antigo noivo Koert, que ademais mándalle un email para dicirlle que ven a España por unha competición de natación. Ela ten dubidas de que facer se quedar con Flanagan ou verse con Koert.
Ao final decide volver con Koert e quedar con Flanagan coma amigos.

Ademais aí outros personaxes como son as amigas de Carlota: Berta, Mireya e Elisenda , os país de Carlota que están separados é Marcos, o irmán de Carlota.

4.4.11

Agora vexo que se pode mesturar poesía coa diversión

Coa visita de María Lado e Lucía Aldao cambioume a miña opinión sobre a poesía que cría que era aburrida feita por intelectuais e persoas vellas da antigüidade. Tamén non conseguía mesturar a poesía coa diversión xa que son dous términos aparentemente moi desiguais.


Gustoume a forma de elaboran poemas coa base dos graffitis encontrados polas rúas e a forma de enlazalos uns cos outros 


Ademais a tradución do poema de Celso Emilio Ferreiro gustoume bastante, xa que a tradución era graciosa e ensinaba o que pensan algunhas persoas respecto ao galego.


Tamén aparte de realizar estes recitais xuntas fan outras actividades. Lucia Aldao toca nun grupo musical de música electrónica xunto a Diego Delgado, mentres que Maria Lado escribiu varios obras literarias polas que recibiu un premio de poesía erótica.
Por último agradecer que nos fixerades cambiar os nosos pensamentos respecto a poesía que agora vexo que pódese mezclar coa diversión.


Poema dos graffitis




14.2.11

Sobre este mal de amores que falamos

Nada no amor perdura eternamente                                        
sei que pode reducirse coa estratexia
porque amar non é delito.

Parece innecesario falar de amor, ás veces
de julais, dese amor ferinte
e construir poemas de corpos derrubados

Pois xa estamos ao loro
para atallar no momento
dos que calando amamos con terca intensidade.


Poetas :Estevo Crus, Modesto Fraga, Maria do Cebreiro, Marta Dacosta, Cristal Méndez Ferrín e Queizán

3.2.11

Real Academia Galega

A Real Academia Galega é unha institución científica que ten como obxectivo fundamental o estudo da cultura galega e especialmente a ilustración, defensa e promoción do idioma galego. As finalidades desta institución son principalmente a defensa dos dereitos do idioma galego, así como promovelo.
Historia
A Real Academia Galega creouse o ano 1906, por Manuel Murgía que foi o seu primer presidente. O acto da creación dela celebrouse nos locais da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos, case un ano despois da presentación legal dos seus estatutos. Manuel Murgía estivo dende 1906 ata o ano 1923 na presidencia dela. Nese tempo sempre quixo salientar a figura de Rosalía de Castro e as veces tivo varias polémicas respecto ao seu carácter galeguista non visto ben pola sociedade da época. Os presidentes que o presidiron foron: Andrés Martinez Salazar, Eladio Rodriguez, Castelao e Vilar Ponte.

Dia das Letras Galegas


En 1963 a Real Academia Galega presenta a iniciativa do Día Das Letras Galegas, que nos primeiros anos non foi valorada, pero ao final chegouse a un acordo. A data escollida para celebralo foi o 17 de maio, xa que en 1863, foi publicado na Habana, o primeiro exemplar do libro "Cantares Gallegos”, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural de Galicia. A primeira homenaxeada foi Rosalia de Castro, con numerosos actos promovidos pola institución académica, que tiveron como sede principal a cidade herculina. Este ano 2011 homenaxease a Lois Pereiro.
Composición actual da Real Academia Galega
  • Presidente: Xosé Luís Méndez Ferrín.
  • Secretario: Xosé Luís Axeitos Agrelo.
  • Vicesecretario: Francisco Fernández Rei.
  • Tesoureiro: Manuel González González
  • Arquiveiro/Bibliotecario: Euloxio Rodríguez Ruibal.

Páxina Web
A Real Academia Galega ten unha páxina oficial na que poderas encontrar a sua historia, como as figuras homenaxeadas do Dia das Letras Galegas e demais datos dela.

20.1.11

A serra do Courel

A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sureste da provincia de Lugo que se estende polos concellos de Folgoso do Courel, na súa maior parte, Quiroga e Pedrafita do Cebreiro.
Xeografía.

Ten 212 km² de superficie e as suas altitudes van desde 400-500 m no val do río Lor a os 1.600 m nos puntos máis altos como Montouto, Formigueiros (1.643 m) ou o pico de Pía Paxaro (1.610 m). O río Lor, e os seus afluentes forman ricos vales con diversos ecosistemas que fan que esta serra sexa a reserva botánica máis importante de Galiza.

Poboación.
A poboación esparéxese de xeito disperso, formando numerosos núcleos de poboación. Segundo o IGE (Instituto Galego de Estadistica) O Courel contaba en 2009 con 1.233 habitantes. O xentilicio de O Courel é courelao.


Flora.O Courel ten unha grande variación de paisaxes naturais e crecen cerca de 1000 especies de plantas diferentes. 

Arqueoloxía.

Nunha sima desta serra atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan de Galiza (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de uro (Bos primigenius) achados en todo o país

Poesía e Narración



Estas terras foron un gran referente nas obras de Uxío Novoneyra, poeta e escritor natural de Parada de Moreda.

No Courel tamén están ambientados duas obras importantes de Anxel Fole como son “Á lus do candil” e “Terra Brava“. Nestas obras se reflicte o modo de vida de aquela Galicia rural, así como as suas paisaxes, culturas, lendas e como os seus lados misteriosos.




3.12.10

Mensaxe a Austria


Ola Karl ¿Que tal todo por Austria? Bueno espero que ben. Mándoche este correo para falarche un pouco sobre as linguas do mundo.
 Como xa saberás, no mundo fálanse moitas máis linguas que países hai. Isto débese a que nun país non se fala unha soa lingua senón varias.
Monolingües: Fálase unha soa lingua como en Islandia ou San Marino.
 Bilingües: Fálanse varias linguas como en Irlanda o irlandés e o inglés.
 Plurilingües: Como en Francia e Italia.
 As linguas clasifícanse nos seguintes grupos:
 -Linguas Oficias: Represéntanse de maneira oficial nun país como o francés en Francia.
-Linguas Sen Estado: Non teñen independencia política como o bretón en Francia.
-Linguas Maioritarias: Faladas por moitos falantes como o Inglés.
-Linguas Minoritarias: Teñen un reducido número de falantes como o Escocés.
-Linguas Hexemónicas: Son as que teñen un prestixio social como o Inglés
-Linguas Minorizadas: Están nunha situación de inferioridade fronte as demais como o galego.
 Agora vouche contar unha cousa do galego. Como xa viches antes na clasificación o galego é unha lingua minorizada. Isto deuse fai moitos anos durante a Idade Media a imposición do castelán en Galicia deixou ao galego en inferioridade. Aínda que a día de hoxe non é tanto, pero seguese a estar en inferioridade.
A min esta situación paréceme moi mal xa que deberían estar nas mesmas condicións. Tamén non me gusta que ao galego trátese como lingua falada nas aldeas e que o castelán sea a lingua de prestixio porque tódalas linguas son iguais.
 Para que isto non pasara fixéronse unhas Cartas de Dereitos das Linguas nas que queríase eliminar a discriminación e a exclusión das linguas minorizadas.
 En España fálanse as seguintes linguas: o galego, catalán, valenciano, euskaro, asturiano, leonés, aragonés, mirandés e o aranés ; faladas nas súas respectivas comunidades. Espero que che gustase e haber se vés a Galicia de vacacións e así contareiche máis acerca da súa lingua e das cidades.Vémonos .

7.11.10

Traballo Luis Seoane

En Google Docs
Luis Seoane (modificado)

14.10.10

A lingua mirandesa


Bandeira de Miranda do Douro


 Ola vouvos falar da lingua mirandesa.

A lingua mirandesa ou mirandés é unha lingua románica do grupo asturleonés, falada no norte da Península Ibérica. É falada no Portugal nororiental, por unhas quince mil persoas, concretamente na vila e nas aldeas do concello de Miranda do Douro e en tres aldeas máis do concello de Vimioso, nun espazo de 484 km², estendéndose a súa influencia por outras aldeas dos concellos de Vimioso, Mogadouro, Macedo de Cavaleiros e Bragança.

Catedral de Miranda do Douro

Existen tres variantes dialecticas do mirandés:


  • O mirandés fronteirizo.

  • O mirandés central.

  • O mirandés sendinês.

Aqui os deixo unha poucas palabras traducidas ao mirandés.
lingua-lhéngua
España-Spanha
sur- sul
aldeas-aldeias
situacion- situaçao
orixen-origem
nunha- numa
igrexas-igrejas
redución-reduçao

Espero que vos gustara

26.9.10

A miña viaxe a Santander

Ola vou contarvos a miña viaxe a Santander. Fomos en coche meus pais, meu irmán e mais a miña avoa, e noutro coche
foron os meus tíos e mais os meus primos.
Tardamos en chegar aproximadamente 5 horas. Ao chegar visitamos os meus familiares de Santander. Logo de estar
un bo rato na súa casa marchamos a onde nos tiñamos que albergar. Era unha casa rural que a mi gustoume moito,
tanto que foi o que mais me gustou da viaxe. Aínda que era moi pequeno acórdome que fomos visitar varias cousas:

O primeiro que fixemos foi dar un paseo pola praia "El Sardinero"

Praia de El Sardinero
Despois de pasear toda a tarde volvemos a casa pra descansar
O día seguinte fomos visitar a Catedral de Santander que é o monumento mais antigo da cidade construído no século XIII


Catedral de Santander

O día seguinte tivemos que ir a comer a un restaurante de alí. Comemos pescado, diferentes tipos de queso e anchoas de Santander. Disfrutamos dunha gran comida e despois tivemos que marchar. Antes diso tivemos tempo para ir visitar o estadio do Racing de Santander chamado "El Sardinero" no nos paramos
moito.


Estadio de "El Sardinero"



Espero que os gustara a miña viaxe.