Mostrando postagens com marcador Antonella. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Antonella. Mostrar todas as postagens

25.5.11

Os vellos non deben de namorarse...

¨Os vellos non deben de namorarse¨ é unha peza dramática que trata sobre os amores de tres vellos : don Saturio, don Ramón e o señor Fuco que se namoran de tres rapazas : Lela, Micaela e Pimpinela . O libro consta de tres lances independentes onde en cada un contase a historia de cada personaxe de tema e estructura semellante: a súa situación persoal,o medo a morir... Preséntanse encadrados entre un prólogo e un epílogo.
No prólogo se anticipa o tema : os amores dos vellos van emparellados coa morte. Aparece a morte como personaxe que advirte aos tres vellos as consecuencias do seus namoramentos.
No epílogo os tres vellos reúnense convertidos en esqueletos e analizan as circunstancias da súa morte :se foron felices, se realmente valeu a pena namorarse...
Dende o meu punto de vista é un libro moi divertido e interesante onde Castelao quixo manifestar a importancia aos artificios escenográficos mediante os cales modernizou o teatro galego.

Eu anímovos a que o leades !

24.11.10

Violencia de Xénero


Tipos de violencia.

·
Física. é a que pode ser vista por outros, deixando huellas do incidente; causados polas manos, obxetos ou armas. É a máis visible, e é comúnmente recoñecida.



Psicolóxica. A violencia psíquica aparece inevitablemente 
sempre que hai outro tipo de violencia. Supón ameazas, insultos, humillacións, desprezo  ... Implica unha manipulación que mesmo provocan na muller sentimentos de culpabilidade, incrementando o control do agresor sobre a vítima. E utilizan as coaccións, 
ameazas e manipulacións pra lograr o seus fins.







 Económica", o agresor fai o posible por controlar o acceso da víctima ao diñeiro: impídelle traballar de forma remunerada, ou, pola contra,  obrigala a entregarlle os seus ingresos, facendo o home o uso exclusivo dos mesmos.

Social. o agresor limita os contactos sociais e familiares da súa parella, aillándoa do seu entorno e limitando así un apoio social importantísimo nestes casos.





Sexual. " Exercese mediante presións físicas ou psíquicas que pretenden impoñer unha relación sexual non desexada mediante coacción, intimidación o indefensión". Ata non hai moito tempo, a lexislación e os xuíces non consideraban este tipo de agresións como tales, se se producían dentro do matrimonio.


27.9.10

Unha viaxe moi especial...

A miña viaxe foi cara Uruguai, o 2 de Setembro de 2008.É unha das viaxes que máis recordo e que foi moi especial porque realizeina eu soa como regalo dos meus pais polas boas notas, e porque despois de moitos anos volvín a miña terra.
Despois de moitas horas no avión, cheguei, por fin, a Uruguai.Alí esperábame toda a miña familia nerviosos
e ansiosos desexando a miña chegada. Despois de moitas bágoas, prendín rumbo cara a casa dos meus avós situada no centro de Montevideo.Cando cheguei alí viñéronme á mente tódolos momentos vividos da miña infancia. Estiven alí un mes, paseei, coñecín ao meu curmán, fun de compras, e sobretodo disfrutei da familia, por iso pasamos unha semana nunha cabaña en Punta del Este, sendo un dos balnearios máis caros e fermosos de Sudamérica.

Na miña estadía a maior parte do tempo estiven na casa dos meus avós situada no centro de Montevideo, pero tamén pasei algúns días no chalet da miña tía en Solymar que está aproximadamente a 24 km de Montevideo.


E o mellor de todo foi voltar a miña terra, ver a miña familia e disfrutar da deliciosa comida que me esperaba cada mediodía, o asado,sendo a delicia máis característica de Uruguai.




Pasado un mes, chegou o día de regresar a España; fixen as maletas e prendín rumbo ao aeroporto, con moita tristeza e moitas bágoas collín o avión e o primeiro que me preguntei foi: " Cando volverei a ver a miña xente, a miña terra..." ?