Mostrando postagens com marcador Alexandre. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Alexandre. Mostrar todas as postagens

9.5.11

O que fixo non saber perder.

O 14 de Abril de 1931, España amaneceu republicana. Era a II República e a prensa publicaba portadas a favor da mesma. Como proba o titular "¡Viva la República!" de ' La Voz' na que decía que agora España sería dona do seu destino.
A xente saíu ás rúas para celebrar a proclamación da II República.

 A actuación do primeiro Goberno da Segunda República española dedicouse a asegurar o desenvolvemento constitucional e a adoptar medidas de emerxencia para contrarrestar a crisis económica agravada pola política da dictadura do xeneral Primo de Rivera.


A esquerda perdeu as eleccións de 1933 e aceptouno cedéndolle o poder á oposición de dereitas. Cando esto sucedeu por segunda vez, en febreiro de 1936, as dereitas perderon, non o aceptaron, e se dispuseron a recuperar o poder pola forza, volvendo a unha tradición histórica de que as eleccións non eran máis que unha farsa. Esto foi o primeiro paso da Guerra Civil.

8.4.11

A poesía divertida

A martes día 29 visitáronos pola tarde Lucía Aldao e María Lado. Foi unha actuación de dúas xóvenes poetas galegas que nos amosaron a outra cara da poesía, unha cara máis dinámica e divertida.
  
María Lado(izq.) e Lucía Aldao(dereita).


Nesta actuación, repartiron entre o público uns papeis con versos para que, poñendoos ao azar, construíramos unha poesía ao estilo das vangardas dadaístas. Tamén cantaron algunhas cancións de grupos dos anos 70, música que lles gusta moito e ata tiveron un grupo de música. Ao falar notóuselle a María Lado o rasgo lingüístico do seseo, o cal chamou bastante a atención.



Grazas á actuación pasamos un bo rato. Creo que o mellor da actuación foi as mesturas das frases dos graffitis que se atoparon polas rúas e con frases sen moito sentido conseguiron un poema moi bo e divertido. Tamén a divertida tradución do poema "Lingua proletaria de meu" de Celso Emilio Ferreiro como sátira da Galiza bilingüe.

14.2.11

Que alegría notar o rebento que nace dentro

Bicas ben e gústame estar contigo
e gústame cómo abrazas e o meu pelo fai xogo co teu vestido.
Teño sorte de que me teñas.
Aquel verán dixeches que me amabas
dixeches que deixádome perderas
o día en que pra sempre te marchabas.
Destrúen o silencio de feble arquitectura,
dos que calando amamos con terca intensidade.
Que alegría, vivir sentíndose vivido.

Poetas:Modesto Fraga, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Maria Lado