Mostrando postagens com marcador Samuel. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Samuel. Mostrar todas as postagens

20.6.11

O Diario Vermello de Flanagan

O Diario Vermello de Flanagan é un libro escrito no ano 2003 por Andreu Martín e Jaume Ribera. O libro é parello co Diario Vermello de Carlota e como este, relata temas da sexualidade e tamén está feito para adolescentes.

O diario comeza cando coñece a unha rapaza na estación do metro chamada Carlota, esta dille que vai facer un diario sobre sexo ao cal Flanagan apúntase aínda que ao comezo resultoulle algo moi estrano. Os temas sexuais son dende o punto de vista masculino dos adolescentes.

Como o Diario de Carlota, é un libro moi entretenido que debería de lerse, sobre todo se liches o de Carlota.

O Diario Vermello de Carlota.

O Diario Vermello de Carlota é un libro escrito no ano 2003 por Gemma Linares. Unha característica do libro é parello ao Diario Vermello de Flanagan. O libro relata temas de sexualidade e esta feito principalmente para adolescentes.

O libro comeza cando Carlota coñece a Flangan, un chico do que acaba namorándose, nese instante os dous deciden comezar a facer un diario vermello no que recoller todas as informacións que teñan sobre ás relacións sexuais... e tamén a experiencia que vayan obtendo. O libro relata todas as esperiencias sexuais dende o punto de vista femenino.

É un libro moi interesante e que deberían ler todos os adolescentes e non soamente as rapazas, dado que desta forma aparte de entreternos co libro aprenderemos sobre a anatomía das rapazas e a forma de pensar que teñen a maioría.

14.6.11

Desde Sarria ata Portomarín

O martes 6 deste mes os alumnos do IES fixemos unha das etapas do Camiño de Santiago, a estapa que iba dende Sarria ata a localidade de Portomarín, en total uns 22 kilómetros de distancia, acompañados dalgúns profesores do departamento de Educación Física.


Alumnos de terceiro, cuarto e primeiro de bacharelato participamos na actividade que fixemos en dúas partes, a primeiras dende a chegada a Sarria ata a hora de comer e despois de comer, o resto do traxecto ata Portomarín.  donde nos deixaron tempo libre de lecer, aínda que como estabamos moi cansos foi máis de descanso que tempo de lecer... Cabe destacar que aínda que moitos se queixaron dos kilómetros percorridos conseguimos facela etapa enteira sen ningún percance.


En conclusión foi un traxecto interesante, longo e bonito que disfrutamos todos os alumnos que decidimos facelo deixando a parte a distancia que había que percorrer.


Agora que nos boten quilómetros... que xa non nos meten medo!

9.6.11

Real Club Deportivo A Coruña

O Real Club Deportivo de A Coruña é o equipo da nosa cidade, creouse no ano 1906 e foi capaz de gañar os corazóns de todos os coruñeses, futboleiros ou non, na época dorada do clube a finais do século XX e a primeira década do século XXI representando coas súas cores branquiazuis a cidade e Galiza por todos os rincóns de España, Europa e do mundo.

En 1906 crease o clube, un clube que desde os seus comezos ata finais da década dos 80 estivo máis caracterizado por ser o denominado equipo "ascensor" (debido aos múltiples descensos e ascensos) soamente destacando un subcampionato a mediados dos anos 50, pero a finais da década dos 80 cun gol de Vicente nos ultimos minutos do partido o equipo consegue salvar a categoria na segunda división e salvar o seu embargo por débedas comezando unha etapa gloriosa no clube que non tardou moitos anos en chegar a primeira división converténdose nun dos equipos punteiros do campionato conseguindo un subcampionato no ano 1994, unha Copa do Rey no ano 1995, a Liga no ano 2000, a Copa do Rey do "Centenariazo" (gañada ao Real  Madrid no día do seu centenario) e 5 participacións na Champions League acadando a semifinais no 2004.

Nos últimos anos o equipo non pasa polos mellores momentos... e este último ano descende ata a segunda división, pero empézase un novo proyecto para devolver a ilusión e o sorriso a uns seguidores que NON SE RINDEN e estiveron co equipo dende o primeiro momento, e que non perden a ilsuión co equipo porque VOLVEREMOS!!

9.5.11

"Siniestro total" e "Os Resentidos"

"Siniestro total" é o nome dun grupo de música punk-rock creado na cidade de Vigo en verán de 1981 por Germán Coppini, Miguel Costas, Alberto Torrado e Julián Hernández aínda que pasaron varias xeracións ata quedar actual formada por Julián Hernández, Javier Soto, Óscar G. Avedaño, Ángel González e Jorge Beltrán.

Este grupo ten planteamientos iconoclastas y neo-dadaístas en sus textos. En 1982 publican o seu primer álbum titulado "Cuando se come aquí?" que causa impacto na escea rock española. Dende o primeiro álbum se han publicado outros 15 álbumes publicados en varios países fora de territorio español.


"Os resentidos" é un grupo vigués que formou parte da movida da cidade viguesa, o grupo é formado no ano 1982 e é dirixido polo polifacético Antón Reixa que durante a súa traxectoria usou o galego nas súas composicións. Destaca por ser o primeiro grupo en popularizar un tema en galego en todo o panorama español.

A composición do grupo estivo composta por Antón Reixa, Alberto Torrado (baixo), Javier Soto (guitarra) e Rubén Losada (saxo), mais en 1985 Javier Soto abandonaría a banda para unirse a "Siniestro total" , sendo substituído por Xavier Debesa.
O grupo acábase separando a finais do verán de 1994.

Un bosque cheo de faias - Francisco Castro

Libro da editorial everest
Este libro de Francisco Castro, relata a historia de 3 rapaces que se reúnen rutinariamente nun bar pouco coñecido pola xente e dirixido por unha persoa moi estraña, este local é chamado "O Grapas", no que eles reúnense todos os días no seu tempo de lecer.

A vida dos persoaxes cambia cando chega un rapaz africano que é veciño dun deles e coñece o resto do grupo. O novo do grupo intégrase perfectamente e todo marcha sobre rodas hasta que de cote o novo amigo do grupo e apalizado co seu pai por uns nazis en medio da rúa, despois diso a vida dos rapaces cambia considerablemente e comezan a sospeitar de persoas e tamen de algúns amigos do grupo.

11.4.11

A visita de Pedro García Aguado

Pedro García Aguado
O pasado venres visitounos Pedro García Aguado un ex-xogador de waterpolo e actualmente presentador do programa "Hermano mayor".

A visita realizouse no salón de actos na que nos encontramos unha mesa enriba do escenario, nesa mesa encontramos a parte do equipo directivo e do equipo do A.P.A. do noso instituto, e por último, a un Pedro García Aguado que comezou a explicarnos os problemas da poboación coas drogas mediante una presentación

Pedro coa selección de waterpolo.
Pedro falou dos problemas das persoas coas drogas, ensinounos vídeos, fotografías e das súas vivenzas persoais no mundo da droga e da festa co que convivía mentres coroabase campión de waterpolo nas olimpiadas de Atlanta.

Para finalizar a charla, respondeu preguntas tanto de alumnos e profesores do centro coma de pais que se achegaron a escoitar a charla.

Quixera agradecer a Pedro por visitar o noso instituto e charlar con nos des problemas das drogas e tamén das súas propias experiencias.


Para máis información pódese visitar a súa páxina web.

4.4.11

Souperon captar a nosa atención

María a esquerda e Lucía a dereita.
Tanto María e Lucía fixéronme comprender que a poesía podese mesturar con temas actuais, como as pintadas nas rúas ou tamén algún obxecto como un oso de peluche, e que a poesía non é tan aburrida coma moitos adolescentes pensan actualmente.

Nos poemas encantoume a introducción de instrumentos coma a guitarra que utilizaba Lucía, e tamén gustoume a forma de recitar que tiña María con ese acento tan bonito peculiar da zona da Costa da Morte.

Souperon captar a nosa atención cun poema coperativo, coas introduccións de pintadas das rúas, do oso de peluche e sobre todo coa traducción simultánea no último poema de Celso Emilio.

Ademáis da visita que nos fixeron, cabe destacar as cancións de Lucía Aldao que poidemos escoitar no seu ''myspace'' e tamén algun libro de María Lado que poden encontrarse na rede.

Quixera agradecer a presenza das dúas no noso instituto, e animalas a que sigan facendo visitas a institutos coma a bibliotecas para que toda xente posíbel poda escoitar os seus recitais que son moi interesantes e entretenidos.
Poema de traducción simultánea.

14.2.11

Sigo sendo feliz.

Hai veces que sendo feliz,
a causa amada torna en dor ausente.
E sei que todo é un proceso de esperar e doerse,
porque amar non é delito.
Mato o tempo.
Miro nubes
e resisto ben calado
a enfermidade que cito.
As metáforas fuxen destes versos.
Agardo que volvas
que regreses a estas mans e esta voz.
Que alegría vivir sentíndose vivido
e síntome completamente feliz.

Rafa Villar, Modesto Fraga, Estevo Creus, Miro Villar, Marta Dacosta e Cristal Méndez Ferrín

3.2.11

Ramón de Valenzuela

Escritor e político galego nado no ano 1914 en Silleda na provincia de Pontevedra, representante da narrativa galega no exilio.
É autor de dúas novelas: Non agardei por ninguén (1957), e Era tempo de apandar(1980).
Realizou os estudos en Santiago que finalizaron cando se matriculou en Dereito. No ano 1933 adéntrase na Escuela Normal de Pontevedra, tras realizar os anos de maxisterio é destinado como profesor á cidade de Vigo.
En 1936 incorpórase ás Mocedades Galeguistas, participa en mítines do Partido Galeguista, na campaña do Estatuto e tamén colabora co Seminario de Estudos Galegos.
En agosto de 1936 é detido e encerrado na prisión de Silleda e máis tarde é enviado a Santiago de Compostela, pero logra saír grazas aos bos oficios dun familiar. Ingresa como voluntario no exército militar franquista, pero se pasa no ano 1937 ao bando republicano.
En Barcelona colabora cos galegos da zona republicana e unese á Solaridade Galega Antifascista.
En 1939 pasa a Francia cos restos do exército republicano. Co estalido da guerra mundial, quédase en Francia na loita contra o fascismo e o nacismo, pero o detén a Gestapo que o entrega á policía política española que o condena a 20 anos e un día de cárcere. En 1944 é posto baixo libertad vixiada.
Retoma os estudos, e en 1949 exiliase a Arxentina onde comeza a dedicarse ás actividades comerciais e o labor política e cultural. En 1962 ingresa no PCE. Regresa a España no ano 1966 e volve exercer como maestro, por último morre no ano 1980 por un cancro de pulmón.

20.1.11

Asociacións ''O Facho'' e ''O Galo''

Ambas asociacións tiñan un mesmo fin, que era a defensa da ligua e da cultura galega nos anos da posguerra durante o franquismo.
O Facho crease na cidade de A Coruña e o Galo en Santiago de Compostela, ámbalas dúas creanse entre os anos 60 e 70 nun momento no que o movemento asociativo en Galicia era escaso. Estos grupos creanse por persoas preocupadas pola situación do galego nesa época.
Os dous grupos seguen existindo na actualidade, e por exemplo o grupo ''O Galo'' ten unha páxina web oficial.

12.12.10

Os outros países do mundo, tamén queren coñecer un pouco de galego

Ola Matías, que tal che vai todo por Arxentina? espero que ben e alégrame ter información túa. Vouche pasar toda a información do galego e do resto de linguas do mundo que me pediches, quizais non é un informe moi bo dado que está redactado por min coa axuda do meu libro de texto, pero espero que sexa útil para o teu traballo. Agora pongo a informe aquí ;) .

Actualmente no mundo fálanse entre seis mil e sete mil linguas e como o número de países é moito menor, sobreentendemos que a maioría dos países son plurilingües e fálanse máis dunha lingua en cada un.
Aínda que se falan moitas linguas nos países, non todas estas linguas son oficiais no territorio no que se fala, este é, por exemplo, o caso do aranés en España do que logo falaremos un pouco.
Encóntranse linguas maioritarias e minoritarias, dependendo do seu número de falantes e tamén encontramos as linguas hexemónicas que son as que teñen maior reputación social (como o caso do inglés actualmente en todo o mundo), e linguas minorizadas, que se encontran en situacións incómodas e de marxinación.
Falando de Europa. encontramos que en todo o continente fálanse case unhas 40 linguas distintas, pero non todas elas estan oficializadas.
Aínda que, como nombrei antes, a maioría de países son plurilingües, no continenete europeo encóntranse casos de países no que só se fala unha lingua en todo o seu territorio (caso de Islandia), ou países bilingües nos que se falan só dous idiomas (Irlanda).
Pero tamén existen outros casos de linguas que se falan en territorios distintos, este caso é o do alemán e do francés. PON EXEMPLO
Aproximadamente uns 40 millóns de cidadáns europeos falan unha lingua rexional ou minoritaria.
España é un dos países plurilingües que hai en Europa. O 40% da poboación convive co castelán (idioma oficial de todo o territorio español) e con outra lingua cooficial que hai en España, ademais o 20% usa frecuentemente algunha lingua cooficial.
Indo o pasado, dende a Idade Media, se levaba a cabo unha política que impoñía o castelán como a lingua hexemónica de todo o país, deixando ao resto das linguas nunha situación de marxinación àra acabar converténdose en linguas minorizadas ou dominadas.
A situación anterior, acábase corrixindo cando se crea a Constitución Española de 1978, que establece a cooficialidade da lingua cas demais linguas.
Aínda así non todas as linguas españolas son oficiais, dado que o asturiano, o aragonés e o aranés non teñen recoñecementos oficiais; en cambio o galego, o catalán, o valenciano e o éuscaro teñen recoñecemento oficial e, por exemplo, os habitantes galegos coma eu podemos escoitar algunha canle de radio en galego ou ver unha retrasmisión deportiva en galego.
En Galicia, no ano 1981 apróbase o Estatuto de Autonomía para Galicia que di que o galego é a lingua propia de Galicia e sinala o seu carácter oficial.
Actualmente en Galicia, sobre todo nas grandes cidades, hai xente que se non que falar en galego, estas xente   di que o galego é un idioma de xente de pobos pequenos e que ao falalo eres inferior ca os demais; en cambio outros o falan de vez en cando un pouco, dado que teñen maior costume de falar castelán (este caso pode sinalarse como o meu).
Aínda así, todos os habitantes de Galicia temos que buscar falar máis galego para que consigamos que sexa un idioma de hábito diario na nosa terra.
Por úlitimo quero añadir miñas opinións sobre o galego:
Aínda que non o fale moitas veces, represénta unha parte importante da miña vida, todos os días que paso estou rodeado de galego, dado que o escoito todos os dias nas canles de televisión da TVG, cando miña nai fálame galego ou cando quero escoitar algunha canción dun dos meus grupos de música favoritos . Ademais podemonos comunicarnos un pouco cos falantes de linguas deribadas da lingua portuguesa, debido ao parecido que teñen o galego e o portugués.

26.9.10

A miña viaxe a Barcelona, a Cidade Condal

Vou contar o meu viaxe de vacacións do verán anterior. O meu pai e eu decidimos ir a aquela cidade de vacacións, porque ningún dos 2 fóramos alí, e de paso visitabamos ao meu primo máis a súa moza que vivían nesa cidade.
Visitamos a cidade uns 4 días, neses días deunos tempo a visitar todos os rincóns da cidade. Chegamos a cidade un xoves pola noite, despóis de chegar en avión, no aeroporto esperando por nós o meu primo máis a súa moza, que nos deron a súa casa como hospedaxe nesos 4 días. Non levabamos unha maleta moi grande polo pouco tempo.
O primeiro día cando chegamos xa eran as 12 da noite, pero non chegamos a casa do meu primo, que encontrábase no centro físico da cidade. ata a 1 da maña, debido o atasco de taxis que había ao salir do aeroporto do Prat. Cando chegamos, non visitamos a cidade debido ao cansancio e tamén a que xa era demasiado tarde, así que cando chegamos a casa o meu primo díxonos algúns lugares para visitar mediante un bus turístico, dado que el traballaba e non nos podía levar pola cidade.
Ao día seguinte, cando nos depertamos, eles xa foran a traballar, polo que o meu pai e eu saímos da casa despóis de prepararnos e cerramos a porta coas copias das chaves que nos deran, almorazamos nunha pequena cafetería que había cerca, e logo seguimos andando mediante as indicacións do mapa ata a Casa Milà donde collimos o bus turístico, este bus levounos a todos os lugares importantes de Barcelona, como a xa nombrada Casa Milà, a Sagrada Familia, o Parque Güel, o Porto Belle, o Porto Olímpico, a vila olímpica...







No seguinte día paseamos polo centro co meu primo e a súa moza, debido que os fins de semana non traballaba ningún dos dous, paseamos pola Cidade Vella de Barcelona, pola Rambla do Raval, donde visitamos a Boquería, e pola Barceloneta donde paramos a comer unha paella, pola tarde paseamos polo barrio de Gracia que estaba moi preto da súa casa.



O día do domingo pola mañá, nos levaron hacia o mirador do tibidabo, e tamén visitamos o parque de atraccións e unha catedral que había ao lado.
O luns, meu primo e a súa moza volvían a traballar, polo que o dia anterior nos explicaron que bus urbano nos levaba a un museo que había cerca do parque güell, e outro para logo ir polo centro da cidade, que aproveitando o descanso de comida que tiña meu primo no traballo, comemos os 3 xuntos nun restaurante da  área, e despóis de comer, paseamos meu pai e eu pola cidade, como os días anteriores xa estiveramos por alí, non nos perdemos, e as 7 da tarde volvimos a casa, debido que ao día seguinte tiñamos que volver en avión as 6 e media da mañana.
O martes, nos acercaron, ata o aeroporto do Prat, e volvimos ata A Coruña en avión, ao chegar ao aeroporto de Alvedro, nos esperaban a miña nai, que non poido ir debido a que traballaba eses días, e logo as vacacións do meu pai e as miñas non coincidían, máis os meus tíos, que nos preguntaron como nos foi a visita a aquela cidade.