LITTLE GALICIA
Con tecnoloxía de andar por casa, actores afeccionados e nos ratos libres, Marcos Payno, Denís López Suso Seara botaron a andar en 2010 unha serie para web Non saímos do lixo. Non se trata dun produto audiovisual máis, senón dunha parodia que aborda con retranca os tópicos sobre a nosa identidade, a normalización do galego e o eido da cultura. A serie calou rápidamente na rede e houbo capítulos que chegaron a ter máis de 4.000 visitas. Un éxito para o audiovisual galego que explora novos camiños.