26.4.11

Memorias dun loitador. Calero.

Nos primeiros días de República, as reflexións de Cunqueiro, Fernando del Riego e Calero, incidían na defensa do idioma galego e eran partidarios de que se falase o galego, debido a que era coñecido pola xente do pobo.
Durante a Guerra Civil, Carvalho Calero encontrábase en Madrid, onde combateu e chegou a tenente. Despois da victoria do bando nacional, foi preso no convento de Santa Úrsula, no que cumpriu unha condena de doce anos por loitar no bando da República, e escribiulle a Fernando del Riego en castelán e con amargura, explicándolle a súa situación.
Carvalho Calero, á dereita, aparece acompañado por Cunqueiro á esquerda, e Fernández del Riego.
Pasado o tempo, o pobo de Ferrol, a súa cidade natal, publica a través de imaxes, cartas e reflexións de Calero os tempos de represión e guerra.