6.4.11

O CENTRO COMERCIAL NON USA O GALEGO

Prolingua non compra en Marineda City

A plataforma de defensa da lingua Prolingua iniciou unha campaña de sensibilización para que os promotores do centro comercial Marineda City da Coruña empreguen o galego na súa comunicación. Até agora, usaron unicamente o castelán aínda que teñen a Galiza como 'leit motiv' da súa publicidade.