21.4.11

A RAG trasládase a Mondoñedo para homenaxear a Cunqueiro

 A Real Academia Galega celebrará hoxe en Mondoñedo un plenario extraordinario e aberto ao público para conmemorar o centenario de Álvaro Cunqueiro. O Auditorio Pascual Veiga (praza do Concello) acollerá o acto de tributo no que intervirán os académicos Euloxio Ruibal, Margarita Ledo, Fernández Rei e Darío Xohán Cabana. Será o presidente da institución, Xosé Luís Méndez Ferrín, o encargado de pechar o plenario no que se lembrará o autor de obras como Escola de Menciñeiros, Os outros feirantes ou Merlín e Familia.
Hoxe, ademais, cúmprense 48 anos do ingreso de Álvaro Cunqueiro na Real Academia Galega. O discurso que declamara aquel afastado 21 de abril de 1963. O escritor mindoniense pronunciou ese día un discurso titulado Algunhas imaxinacións sobre tesouros e a intervención de resposta correra a cargo de Fernández del Riego.
XORNAL.COM21/04/2011