O pasado martes reunímonos os alumnos de 4º e bacharelato no salón de actos. Fixéronos unha visita Lucía Aldao e María Lado, dúas poetas desta nova xeración que nos fixeron cambiar a imaxe que tiñamos acerca dos poetas, persoas que viven amargadas para facernos ver que saben divertirse e que a poesía pode ser unha actividade amena.
A actuación comezou coa gran voz de Lucía ao son da súa guitarra, hai que decir que este gusto por cantar xa lle ven dende fai tempo xa que formou un grupo chamado "Adao", e acompañada de María recitando os seus poemas. Esta alternancia de poemas e música durou ata que chegou o xogo dos papeis. Nesta actividade as dúas poetas repartiron uns papeis entre o público con frases de diversos poemas. Con todas esas frases fomos formando entre todos un poema e esta ídea xa ven da vangarda do dadaísmo. A verdade é que o final o poema quedou moi bonito e orixinal.
Despois seguiron recitando poemas. Queda engadir que moitos poemas recitados por María pertencen a un libro que presentou a un concurso de poesía erótica e do que foi gañadora.
A nós persoalmente, a actividade que prosegio foi a que máis nos gustou. Elas molestaronse en recorrer toda a cidade na busca de frases de graffitis coas que compuxeron un poema. Estaba moi ben feito, na que collendo frases que non tiñan nada que ver construíron un poema en condicións (:
No remate da actuación, María Lado recitou o poema "Lingua proletaria de meu"de Celso Emilio, e a cada oración dita por María a seguía Lucía, traducindoa ao castelán e modificando a letra para criticar os prexuízos que recaen inda hoxe en día sobre o galego.
Esperamos que poidades volver prontiño rapazas!
Un saúdo e unha gran sorrisa :D