31.5.11

A esmorga

Cibrán o autor conta o que lle sucedeu hai algún tempo na
cidade onde naceu en AURIA.
El é un acusado que declara ante un xuíz, contando a sua historia tráxica del e os seus compañeiros: o Bocas e o Milhomes, que eran homes marxinais.
Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha carreteira, e dinlles para ir de esmorga e o convencen. Pasan o día na cidade de Auria, de borracheira.
Ó saír dunha taberna deciden ir o pazo dos Andrada, onde din que vive unha fermosísima muller. Cando chegan a ven nunha galería de lexos, ao marchar, o Bocas comeza a ilusionarse porque quedara namorado daquela muller.
O Milholmes ten unha idea, de ir a un pazo onde traballa un parente seu, que lles invita a seguir bebendo, que máis tarde por descoido préndelle lume ao pazo, e escapan e marchan para unha casa de alterne na que lles botan fóra, e unha das mulleres dinlle a o Cibrán que o Bocas deixou un home morto a noite antes nunha taberna.
Fan plans de saír de AURIA en tran pola mañá cedo, e van a unha churrería o Milhomes rouba duas botellas de augardente. Escóndense nunha igrexa para que non lles atopen e ó saír van ó mesón do Roxo.
Decíden volver a casa dos Andrada porque o Bocas quere coñecer aquela muller da que se enamorou, entran dentro da casa e eles rouban unhas alfaias, cando a encontraron resultou ser unha boneca.
O Bocas enfurecido deciden ir a ó vertedeiro de Auria, onde vive"Socorrito" que din que está tola, e o Bocas oblígana a estar con el. Cando escoitan berros da muller van onda eles. O Milhomes saca unha navalla, e fere a Cibrán cando trata de paralo. Crávalle tamén a navalla ó Bocas e o mata. O Milhomes escapa do lugar, pero o xeo rompe e desaparece afundido.
O rematar Cibrán coa súa historia, o xuíz ordénalle voltar ó cuartelillo, pero desesperado, Cibrán colle a navalla que servira como proba e cravousena e morre.