27.9.10

UNHA AVENTURA INESPERADA

Ola ante todo.
Querovos contar unha cousa sobre un lugar ao que me gustaría ir na miña vida. Ese lugar é Australia , o lugar máis lonxe de España.
Especialmente polo submarinismo , o deserto , os canguros e polos tiburóns. Sei que é un lugar moi perigoso pra viaxar, pero ten as súas cousas boas e excitantes que che producen adrenalina :D .
Contáronme que unha familia viaxou a Australia a facer submarinismo.
Quixeronse facer unha foto no fondo do mar,asi que  o seu fillo tomou a cámara , e fixo a foto. Os pais notaron que o seu fillo estaba moi intranquilo, o pai con un xesto preguntoulle se estaba ben o fillo. O rapaz subeu rapidisimo a superficie , os pais seguirono pra saber se estaba ben .
O fillo dixeralles que tiveran un tiburón detrás mentres fixeran a foto. Os pais non o crían asi que foron o hotel, miraran no portatil e encontraronse con esta foto.
IMPRESIONANTE :D
A min non me gustaría estar nunha situación deste calibre , que medo , pero mira que felicidade desprenden. :D
E tamen me gustaría ver se un canguro pelexa como os boxeadores de Estados Unidos.


Este sería o meu viaxe po la bela Australia.
Espero que vos gustara.