27.9.10

Andando por Mondoñedo

Elexín este pobo de Lugo, entre duas montañas, porque aínda que non esta moi lexos sempre me gustou moito. Dependendo da epoca do ano tes que levar un tipo de roupa ou outra. No inverno pode chegar a nevar. E no veran, sobre agosto, fai bastante bo tempo. Se che gusta o senderismo e ese tipo de cousas e un bo sitio. Estan a famosa ruta da auga, que este instituto fixo fai dous anos. E tamen tes as covas do rei cintolo, pra investigar e pasolo bastante ben rodeada de verde e máis verde.


Pero non só é un sitio rural e de pregrinaxe. Tamen esta cheo de festas moi importantes en Galicia, coma por exemplo a feria de cabalos polas San Lucas. A feria medieval, na que todo o pobo vistese e comportase como se forá da época. E logo para os máis aventureiros a concentración de motos, na que se fan carreiras e un paseo guiado por xenta da vila pra amoxar a fermosura que lle sobra. Estan non son as unicas, pero si as máis coñecidas.

A primeira vez que fun non paraba de chover e chover, e aínda así pareceume un sitio precioso. Cheo de xente encantadora e moi festeira. Queras facelo camiño de Santiago, outro tipo de rutas; montar en moto, ou a cabalo; ou simplemente estar de festa rachada nun pobo pequeniño con orquestra e compañia agradabre ese é o teu pobo.
Digocho por esperiencia. Moitos bicos, coidadevos.