26.9.10

Barceloneando.

Este verán, fixen unha viaxe a Barcelona e quérovos contar o ben que o pasei e os sitios que fun visitar.
O avión saía ás seis da tarde, e eu ás cinco xa estaba no aeroporto para coller con tempo o avión. Despedinme dos meus familiares e amigos e puxen rumbo a Barcelona. O billete de ida e volta no avión, custoume 120 € aproximadamente.
Ao chegar, collín as miñas maletas, e collín un taxi que me levaría ao hotel.
Escollín un hotel situado no centro de Barcelona, preto das Ramblas, da Plaza de Catalunya e do Paseo Marítimo. E téñovos que dicir, que menos mal que me tocaran bastantes cartos na lotería había uns días, porque de ninguna maneira podería pagar 7 noites de aloxamento no Hotel Colonial de Barcelona.
Despois de ver a miña habitación e de colocar a miña equipaxe arregleime e fun visitar a cidade.
Ao largo da semana que pasei alí, deume tempo de visitar:
Tibidabo
Paseino xenial neste parque.
 O Sagrada Familia, unha das moitas importantes obras de Antoni Gaudí.
 As Ramblas; O paseo está moi concurrido tanto de día como de noite. Está cheo de quioscos de prensa, flores e aves, cafeterías, restaurantes e comercios. Preto do porto existe un gran número de mercados, así como pintores e debuxantes.
O Zoo de Barcelona, un zoolóxico moi bonito situado no Parque da Ciudadela.
O Tibidabo, un parque de atracción moi bonito e divertido no que o pasei xenial.
As Fontes de Montjuïc; durante todo o ano, polas noites, as fontes convértense nun espectáculo de luz e color que me asombrou moitísimo.
O resto dos días, quedei con amigos de Barcelona cos que me levo xenial e fun visitar outros sitios non tan interesantes pero que me gustaron moito igualmente.
Foron unhas das mellores vacacións da miña vida :)