26.9.10

Viaxe a Austria.

Ola ,vouvos contar a viaxe que realizei este verán. Fun ca miña nai e cun grupo de xente e amigos do seu colexio.
Saímos do aeroporto da Coruña, o día 5 de xullo con dirección  a Austria facendo escala en Madrid. Cando chegamos ó aeroporto internacional de Viena estábanos esperando o autobús que nos levou directos ó hotel; alí asináronnos as habitacións onde fumos deixar as equipaxes. Máis tarde leváronnos en autobús a visitar :




Abadía de Melk, no alto do acantilado.
-A Abadía de Melk, é unha abadía benedectina situdada en Melk, Austria, é un dos mosteiros máis famosos do mundo.Foi fundada en 1089, a parte máis destacada é a biblioteca pola porque contén unha colección de manuscritos. Está situada no alto dun acantilado, dende onde se ve o Danubio.
                                    
                                              



Este é o patio da Abadía, nel saquei unhas fotos moi bonitas.






                                                               

No hotel déronnos para cear unha comida moi rica que é típica de Viena : - O Snitchel (escalope) é un trozo de carne de tenreira empanado e fritido; e despois troxéronnos unha especie de crêpe vianés que alí chámase Palatschinken.



Ó día seguinte fumos visitar:

 

-A Catedral gótica de San Esteban  , é a iglesia principal da archidiócesis de Viena, está situada en pleno centro da capital austríaca .A obra foi iniciada por Rodolfo IV de austria e levantouse sobre as ruinas de  dúas iglesias anteriores .É o símbolo relixioso máis importante de Viena; o seu interior consta de tres naves e numerosos altares onde se encontran diversas obras de arte e unha cantidade de obxectos.



Unha das cousas que máis me chamou a atención foi q había moitos castelos e palacios entre eles o que máis me gustou foi:

 
-O Palacio de Schönbrunn, tamén coñecido como Versalles vienés, é un dos principais edificios históricos e culturais de Austria, dende o siglo XIX foi unha das principais atraccións turísticas da cidade de Viena.






E un día tamén asistimos  a un dos famosos concertos de Viena no Palacio de Auersperg,  fumos ver unha imterpretación dunha das obras máis coñecidas de Mozart e tamén escoitamos os valses de Strauss.



                                                                                                  



Chamoume moito a atención por 
dentro porque é de moito luxo e ten
moitas obras de arte de famosos 
e moitas esculturas.







O día 12 de xullo collimos un avión no aeroporto de Viena con rumbo a Madrid onde tivemos que esperar unha hora a coller o outro avión con rumbo a Coruña xa que chegaba a Selección Española de Fútbol e había tráfico aéreo.



                                                                                                                                                                                                                  Aeropuerto Internacional de Viena.