26.9.10

A miña viaxe a Barcelona, a Cidade Condal

Vou contar o meu viaxe de vacacións do verán anterior. O meu pai e eu decidimos ir a aquela cidade de vacacións, porque ningún dos 2 fóramos alí, e de paso visitabamos ao meu primo máis a súa moza que vivían nesa cidade.
Visitamos a cidade uns 4 días, neses días deunos tempo a visitar todos os rincóns da cidade. Chegamos a cidade un xoves pola noite, despóis de chegar en avión, no aeroporto esperando por nós o meu primo máis a súa moza, que nos deron a súa casa como hospedaxe nesos 4 días. Non levabamos unha maleta moi grande polo pouco tempo.
O primeiro día cando chegamos xa eran as 12 da noite, pero non chegamos a casa do meu primo, que encontrábase no centro físico da cidade. ata a 1 da maña, debido o atasco de taxis que había ao salir do aeroporto do Prat. Cando chegamos, non visitamos a cidade debido ao cansancio e tamén a que xa era demasiado tarde, así que cando chegamos a casa o meu primo díxonos algúns lugares para visitar mediante un bus turístico, dado que el traballaba e non nos podía levar pola cidade.
Ao día seguinte, cando nos depertamos, eles xa foran a traballar, polo que o meu pai e eu saímos da casa despóis de prepararnos e cerramos a porta coas copias das chaves que nos deran, almorazamos nunha pequena cafetería que había cerca, e logo seguimos andando mediante as indicacións do mapa ata a Casa Milà donde collimos o bus turístico, este bus levounos a todos os lugares importantes de Barcelona, como a xa nombrada Casa Milà, a Sagrada Familia, o Parque Güel, o Porto Belle, o Porto Olímpico, a vila olímpica...







No seguinte día paseamos polo centro co meu primo e a súa moza, debido que os fins de semana non traballaba ningún dos dous, paseamos pola Cidade Vella de Barcelona, pola Rambla do Raval, donde visitamos a Boquería, e pola Barceloneta donde paramos a comer unha paella, pola tarde paseamos polo barrio de Gracia que estaba moi preto da súa casa.



O día do domingo pola mañá, nos levaron hacia o mirador do tibidabo, e tamén visitamos o parque de atraccións e unha catedral que había ao lado.
O luns, meu primo e a súa moza volvían a traballar, polo que o dia anterior nos explicaron que bus urbano nos levaba a un museo que había cerca do parque güell, e outro para logo ir polo centro da cidade, que aproveitando o descanso de comida que tiña meu primo no traballo, comemos os 3 xuntos nun restaurante da  área, e despóis de comer, paseamos meu pai e eu pola cidade, como os días anteriores xa estiveramos por alí, non nos perdemos, e as 7 da tarde volvimos a casa, debido que ao día seguinte tiñamos que volver en avión as 6 e media da mañana.
O martes, nos acercaron, ata o aeroporto do Prat, e volvimos ata A Coruña en avión, ao chegar ao aeroporto de Alvedro, nos esperaban a miña nai, que non poido ir debido a que traballaba eses días, e logo as vacacións do meu pai e as miñas non coincidían, máis os meus tíos, que nos preguntaron como nos foi a visita a aquela cidade.