25.9.10

Co instituto...



Descubrindo París.



Ola rapaces! Vouvos contar o miña viaxe a Francia co instituto.
Fumos algúns alumnos da ESO e BAC, dende o día 21 ó 27 de marzo en autocar con outro instituto de Rábade (moi bós rapaces) . Saímos de A Coruña pola mañá e ó principio íamos quedar a durmir nun pobo que se atopaba preto de París pero o final chegamos antes. Cando estábamos no autobus ó pouco de saír ocurriume algo inesperado, dixeron que iamos facer unha pequena parada, e cando miro pola ventanilla vexo o restaurante de meu pai, que se atopa en Mondoñedo. Grazas a eso recollin comida, que da casa non levaba (que sorte tiven ! ).
Cando chegamos a París xa era noite estabamos cansos entón non fixemos nada. Durante a semana que pasamos alí visitamos diferentes lugares dos ue quedou un bo recordo. O que mais me gustou da viaxe o paseo en barco polo rio Sena e os desplazamentos en metro xa que lle estaba sempre preguntando a Pilar para que me enseñara a andar en el...
Algúns dos lugares que visitamos foron:






- A Torre Eiffel.

Todo o mundo a conoce, asique non a explico.








- O Castelo de Loira.







Foi construido en tempos de Carlos I, un monarca francés. O motivo de que se construira era para pasar ali as vacacións. A min o que mais me gustou foi a escaleira de caracol que foi atribuida a Da Vinci e a habitación azul que tiña unha gran cama con telas.






Tamén visitamos outros lugares como Versalles, o Arco do Triunfo, Notre-Dame, o Louvre, o Sagrado Corazón...



As comidas alí facíamolas no barrio latino xa que era o sitio mais barato para comer. Todolos días desayunábamos os tipicos croissants franceses.








Volvimos en avión moi cansos daquela experiencia por Francia. Recomendovos que viaxede a París porque é precioso e nunca vos arrepentiredes de ir.

Espero que vos gustase o meu traballo e o que vos contei. Gracias por leerme e aguantarme jaja :D





Aqui estamos todos (: .



Saúdos.