
O primeiro que me chamou a atención foi cando vin dende a ventá do avión que a illa da capital Majuro tiña forma de anel. O seguinte foi descubrir que a pista de aterraxe ocupaba gran parte da estreita illa, e dinme conta de que no caso de que aumentase o nivel do mar, o lugar afundiríase con moita facilidade.
Cando baixei do avión decidín descubrir as marabillas do lugar. Unha das cousas que me gustaron foi que ademais de haber edificacións normais, tamén había cabanas feitas de polas.
As praias parecéronme fantásticas xa que estaban cheas de palmeiras, ademais de ter unha auga cristalina e quente.

As actividades máis salientables eran a pesca deportiva, a navegación en canoas e o submarinismo nos corais. Tamén abundaban as danzas nos espectáculos.

Máis tarde, acerqueime ás tendas da illa para mercar algunha lembranza e descubrín que a xente de Majuro tiña unha gran riqueza en artesanía. Atopeime con expertas tecedoras que facían cestos, bolsos, esterillas, tapetes... Tamén fixeime en que moitas persoas tiñan abundantes tatuaxes. Tiven a sorte de recordar que lles prometín a Sam e a Rube un agasallo, pero como xa pasara as tendas, leveilles unha antorcha e unha réplica de lanza, respectivamente. Intentei levar unha arma orixinal, pero había bastante seguridade no Museo Alele...
Durante a estancia, a miña dieta foi a base de cocos, peixe e melóns (todo moi bó, por certo).
Antes de irme desta fermosa illa, entereime de que os seus habitantes apenas tiñan dereitos... algo que me desilusionou bastante xusto antes de volver.