26.9.10

Canadá , o país dos lagos! Un lugar estupendo.


Ola, vouvos contar a miña primeira viaxe, foi a Canadá, un país situado ó norte de América. Tiña entendido que era un país moi frío, polo que na miña equipaxe mentín un par de bufandas, guantes e unha morea de abrigos.

 Saín do aeroporto da Coruña o 2 de setembro, pero tiven que estar alí dúas horas antes. Collín o voo das 7 da tarde, tiven que facer escala en Londres ( Inglaterra), como Canadá está bastante lonxe cando cheguei xa era o día seguinte. Xa non tiven que buscar un aloxamento, debido a que xa o reservara dende Coruña.
O primeiro que fixen ao chegar foi darme unha boa ducha en auga quente, logo desfixen a miña equipaxe e por último tireime na cama a descansar. O primeiro día visitei a capital de Canadá, Otawwa, pareceume unha cidade moi bonita. Visitei sitios como o canal Rideu. Tamén estiven  no Parlamento.





O segundo día visitei un dos lagos máis fermosos do planeta, o lago Ontario, pareceume increíblemente grande, e iso que só estiven nunha pequena parte.

O terceiro día afasteime a Toronto,levoume aproximadamente 4 horas. Alí tiña especial interés en ver a Torre CN, que mide unha altura de 553,33 .



Logo estiven varios días  na cidade de Otawwa, facendo certas cousas que fai unha muller, sacando fotos, indo de compras...etc.



Pero o último dia afasteime a Beach Park, unha praia fermosa.
Alí deime un bó baño, a pesar de que a auga estaba moi fría, pero...había ondiñas, e iso é o que máis me gusta das praias :)


E xa o 8 de setembro reservei o voo de volta A Coruña,deume moita pena regresar, pero teño pensado volver, sobretodo porque non me deu tempo de visitar a cidade de Montreal.

E un país xenial, espero que disfrutárades da miña viaxe e que aprendérades algunha cousa :)