Fun a Xapón porque quería coñecer o mundo asiático, así que fixen a maleta e fun ao aeroporto de Alvedro e collín o primeiro voo con dirrección a Xapón. Á chegada esperábame un guía nun coche que previamente eu alugara. Ao caer a noite fascínoume como se iluminaban algúns dos edificios de Toquio, logo de ver isto funme a aloxar a un hotel.
Nos días posteriores fun visitar moitos lugares co guía entre os máis destacados encontranse:
Nos días posteriores fun visitar moitos lugares co guía entre os máis destacados encontranse:
O lago Kawaguchi , ao que fun en tren, desde o que se pode ver o monte Fuji.
Kyoto que é o segundo destino turístico máis popular de Xapón. A súa fama débese principalmente aos seus excelentemente preservados sitios históricos.
Hiroshima, lugar onde caeu unha bomba nuclear e que agora é coñecida por ser un lugar de paz.
O que máis me sorprendeu foi que non utilizaran o 4 e o 9 porque din que causa mala sorte. O 4 en xaponés significa morte e o 9 sufrimento, por exemplo nos hospitais non existe a sala 4 nin a sala 9.
Nesta viaxe quedei farto de comer arroz fervido e sushi unha semana enteira, aínda que tamén comín sukiyaki que consiste en carne fervida na mesa xunto a vexetais e outros ingredientes.
Despois dunha semana volvín para A Coruña en avión e na aterrase do voo esperábame a miña familia.