15.1.11

Cambados

Hoxe vouvos dun lugar das Rías Baixas chamado Cambados onde un 96% da poboación é galegofalante.É un lugar moi tranquilo e moi bonito para pasear polas suas rúas de pedra, as suas casas con balcóns cheos de flores....


Cambados é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés que consta aproximadamente con  13.708 habitantes.
En Cambados podes disfrutar de festas de gastronomia como:

A festa do albariño que comeza 1º domingo de agosto e que  é unha festa de Interese Turistico Nacional, a que acuden cada ano arredor de 150000 visitantes.

A festa da Viera que comeza en setembro e tamén é unha festa moi valorada xa que alí dase moito a vieira.

E moitas máis festas que vale a pena visitar e vivilas para sentir á tradición dos galegos, mentres disfrutamos destas maravillosas festas podemos visitar algún  dos pazos caracteristicos da zona como:

Pazo de Fefiñáns
Torre de San Sadurniño
Museo das rutas do viño
Casa-museo Ramón Cabanillas..... e moitas cousas máis.

Aquí deixovos con este pequeno pobo que podedes visitar cando queirades.