Ola estudantes, hoxe vouvos falar un pouco do mariscal Pardo de Cela para coñecer algo máis da súa vida, xa que o vimos así un pouco por riba na clase.
Primeiro empezo dicindo que Pedro Pardo de Cela naceu en Betanzos cara ó 1425 e foi degolado en Mondoñedo o 17 de decembro de 1483, foi un mariscal galego medieval, axustizado diante da catedral mindoniense por mandato do gobernador do rei nomeado polos Reis Católicos.
" O Mariscal ".
É un drama en verso de intención política. Recupera a figura do mariscal Pardo de Cela, executado en 1843 por orde dos Reis Católicos. O Mariscal é un símbolo da resistencia galega fronte á política centralista dos reis, e convértese nunha referencia fundamental para o nacionalismo de comezos do XX. A reconstrucción do noso pasado serve así á ideoloxía das Irmandades da Fala. E por último aquí vos deixo uns enlaces que encontrei e pareceronme interesantes:
