13.6.11

Montañeros C.F



Hoxe vouvos falar sobre un equipo da Coruña que non é un equipo de sona coma o Deportivo, pero é o equipo de Elviña, fálovos do Montañeros C.F.

O Montañeros Club de Fútbol - Banco Gallego é un club fundado en 1967. Desde a tempada 2009-10 milita no Grupo I da Segunda B.

O Montañeros xorde coma un equipo aficionado a partir dunha asociación de "boy scouts" . Pouco a pouco comezou a facerse notar nas divisións rexionais galegas, e foi avanzando categorías ata chegar a ser profesional. Na tempada 2006-07 conseguiron o ascenso á Terceira División, e na súa primeira tempada conseguiron salvar a categoría quedando no oitavo posto.

Na tempada 2008-09 o equipo rematou na segunda posición, posto que lle fixo disputar os playoffs polo ascenso. Aínda que non conseguiu ascender de categoría no terreo de xogo, xa que perdeu contra o Hellín Deportivo, o descenso administrativo do Cidade de Santiago fíxolle ocupar a súa praza coma mellor galego clasificado. Por esta razón, o Montañeros debutou na tempada 2009-10 na Segunda División B, quedando 10º.
 Nas categorías inferiores, o Montañeros conta con 22 equipos en diversas categorías. Dende a década do 2000 a institución pasou a estar vinculada ao Banco Gallego, e mantén tamén un convenio co Deportivo da Coruña.
O seu uniforme titular é camiseta branca, pantalón branco e medias brancas e o seu uniforme alternativo é camiseta azul mariña, pantalón azul mariño e medias azul mariño. A marca que dá os equipamentos é Adidas, e o patrocinador do club é Banco Gallego.

O Montañeros non conta con estadio en propiedade. Xoga os seus partidos coma local no campo de A Grela, que ten unha capacidade de 1.500 espectadores e céspede artificial, inda que tamén xoga algúns partidos no campo de Elviña. Tamén emprega as instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo, propiedade do Deportivo da Coruña.

Aquí vos deixo un enlace a páxina do equipo.
Germán

11.6.11

Movemento 15M

 Este movemento xorde en España a través de foros de debate e dun libro chamado "¡Indignaos!" de Stéphane Hessel (prólogo de José Luis Sampedro), e pretende canalizar o estado de ánimo de moitos cidadáns respecto á situación actual do país.

 O 15 de maio realizouse unha manifestación en máis de cincuenta cidades españolas, cinco portuguesas e catro capitales europeas, cuxa convocatoria foi un éxito. Miles de persoas indignadas coa situación política e económica reivindicaron que a sociedade debía despertar ante aspectos tales como o sistema que favorece o bipartidismo (beneficiando aos grandes partidos e condenando aos pequenos a ter a mínima representación), a corrupción na clase política e o poder das potencias financieras sobre a política. Ás voces do 15M uníronse outras como o colectivo "Nolesvotes" ou "Democracia real ya", que tiñan as mesmas reivindicacións.

 Moitas persoas desexaban continuar coas protestas, polo que xurdiron reunións en varias prazas españolas que convocaban á xente a participar ou a debater sobre distintas propostas que axudaran a mellorar a democracia. Quizáis a máis representativa (polo número de congregados) fora a acampada da Puerta del Sol en Madrid, aínda que moitos outros manifestantes decidiron facer o mesmo noutras prazas importantes do país. Tres semanas despois das eleccións municipais (o que supuxo un mes en total), os acampados de Sol acordaron trasladar as protestas ás calles e decidiron volver a congregarse cando fora necesario (mediante Facebook, Twitter ou as páxinas anteriormente ditas).



Non resulta doado coñecer todos os seus acordos con tantas acampadas, pero hai un consenso de mínimos entre elas que se podería resumir nunha reforma da Ley electoral (para garantir a igualdade de voto), en establecer unha democracia participativa (para que os propios cidadáns teñan voz e voto nas decisións máis importantes) e na transparencia política e bancaria (pois según eles, existe unha corrupción que afecta á separación de poderes).

10.6.11

Un perigo para os nosos oidos.

Vou falar da contaminación acústica a min paréceme un tema moi importante, porque as sociedades modernas cada vez están espostas a ésta contaminación invisible.O desenvolvemento de actividades industriais, o transporte, a construcións de obras etc...
Un informe da Organización Mundia de la Salud (OMS) considera os 50dB como un límite superior desexable.
Se  se sobrepasa esta cantidade correremos o riesgo de sufrir unha disminución importante da capacidade auditiva.
EFECTOS DO RUIDO PARA O SER HUMANO:
·Efectos fisiolóxicos:
-Efectos auditivos.
-Efectos non auditivos: Afecions no rego cerebral, alteracións no proceso dixestivo, transtornos intestinais, etc...
·Efectos psicolóxicos:
A conduta.O sono.A memoria.Os nenos.A distracción.Tensión muscular.Dor de cabeza...

Xapón é o principal país con índice de poboacion exposta a altos niveis de contaminación sonora.
Ao redor de 130 millóns de persoas están expostas a un nivel sonoro de 65dB.

España é o segundo país que máis contaminación acústica soporta,o 25% dos cidadáns europeos están expostos a sonss molestos, mentres que en España se duplica.
O 50 por cento da poboación viven a niveis de ruido superior os 65 decibelios.
e na coruña?


9.6.11

Real Club Deportivo A Coruña

O Real Club Deportivo de A Coruña é o equipo da nosa cidade, creouse no ano 1906 e foi capaz de gañar os corazóns de todos os coruñeses, futboleiros ou non, na época dorada do clube a finais do século XX e a primeira década do século XXI representando coas súas cores branquiazuis a cidade e Galiza por todos os rincóns de España, Europa e do mundo.

En 1906 crease o clube, un clube que desde os seus comezos ata finais da década dos 80 estivo máis caracterizado por ser o denominado equipo "ascensor" (debido aos múltiples descensos e ascensos) soamente destacando un subcampionato a mediados dos anos 50, pero a finais da década dos 80 cun gol de Vicente nos ultimos minutos do partido o equipo consegue salvar a categoria na segunda división e salvar o seu embargo por débedas comezando unha etapa gloriosa no clube que non tardou moitos anos en chegar a primeira división converténdose nun dos equipos punteiros do campionato conseguindo un subcampionato no ano 1994, unha Copa do Rey no ano 1995, a Liga no ano 2000, a Copa do Rey do "Centenariazo" (gañada ao Real  Madrid no día do seu centenario) e 5 participacións na Champions League acadando a semifinais no 2004.

Nos últimos anos o equipo non pasa polos mellores momentos... e este último ano descende ata a segunda división, pero empézase un novo proyecto para devolver a ilusión e o sorriso a uns seguidores que NON SE RINDEN e estiveron co equipo dende o primeiro momento, e que non perden a ilsuión co equipo porque VOLVEREMOS!!

7.6.11

TRABALLO PENDENTE E URXENTE

ANDEI  MELLORANDO AS PRESENTACIÓNS.
COMPLETADE A TRANSFORMACIÓN, PORFA


XA AS IMPORTEI PARA QUE ESTEAN TODAS XUNTAS
ASÍ QUE TRABALLADES EN NARRATIVA FIN XX


vai quedando ASÍ : bótalle unha ollada para -entre todos- facer algo harmónico e estético
hai algúns que necesitan urxente reelaboración. 

6.6.11

Repaso

Galiza no Primeiro Terzo do Século XX

3 etapas segun o punto de vista Político:

A Monarquía: Restauracion Borbónica (1874-1931)
A II República:(1931) Desenvolvemento do nacionalismo e da literatura.
A Guerra Civil: (1936-1939) Periodo de silencio e represión que supora a paralización da vida política e a cultural.

Atraso económico. As capas superiores: Igrexa e a fidalguía.
Cambios sociais e culturais.

O Movemento Agrario ou Agrarismo: organizase q crea sociedade agrarias e sindicatos para defender os seus intereses. o seu obxetivo do movemento era abolir  o sistema foral que obrigaba a pagar rendas abusivas.
Decadencia da Fidalguía: Desaparecio do sistema foral (1926) perda da fonte de ingreso. Os fidalgos serán substituidos por unha burguesía foránea.
O Nacemento dunha Burguesía : dedicada ao comercio, a industria construcion naval.
O Trasvase de Poboación Rural a Espazos Urbanos: cambian a agricultura e a pesca pola industria, o que supón o desenvolvemnto da cidades (Vigo, Coruña)
Irmandades de Fala: Antón Vilar Ponte, Obxetivo principal era a exaltación e3 dignificación do Galego, así como a súa expansion.
Principales Intelectuales: Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Vicente Risco... En 1918 a Irmandade convertese nunha organización política que formula as tesas do nacionalismo.
Reinvindicaciones:
-Autonomía integral para Galiza.
-Cooficialidade linguística entre Castelan e Galego.
-Ingreso na Sociedade das Nacións.
-Potenciación da cultura propia de Galicia.
En 1931 fundan o Partido Galeguista.
En 1932 elaborase o Estaturo de Autonomía.

A Lingua Galega ata 1936.

Sigue o proceso de recuperación da lingua.

As Irmandades de Fala: Asumen o ideario nacionalista e perseguen a dignificacion e normalización da lingua.
O Seminario de Estados Galegos: Institucion de carácter científico, participa na potenciación do noso idioma ao empregalo para a redación das primeras obras de ensaio.
No Estatuto de Autonomía: Defendese a cooficialidade do Galego e Castelán q reinvindicase a presenza da lingua galega no ensino.

A defensa do Galego, supuso a elaboracion dunha lingua estandar.
En 1906 crease a RAG.

A Literatura nos comenzos do seculo XX.
Como consecuencia do anterior a literatura experimenta un notable crecemento.
Hai que destacar a creacion das editoriais, xornais e revistas.
Na producción literaria se muestran duas etapas.

A ETAPA ANTERIOR A 1916 (Fundación das Irmandades  de Fala)
Caraterizanse pola continuación das pautas marcadas polos escritores do Rexurdimento, como:
Rosalía, Curros e Pondal.
A COMPRENDIDA ENTRE 1916 E O COMENZO DA GUERRA CIVIL EN 1936 
Créanse as infraestructuras necesarias para a renovación da literatura. Neste momento aumenta considerablemente o cultivo da narrativa , así como do teatro e do ensaio, destaca: Ramón Cabanillas.

Ramón Cabanillas:(cambados 1876-1959)
Estudou no Seminario Menor de Santiago, emigra a Habana. Publica No Desterro e Vento Mareiro.
En 1916 participa  en: Irmandades da Fala, no Grupo Nós, no Seminario de Estudos Galegos, RAG (1920), RAE (1929).
Era conocido como o ''POETA DA RAZA''; e é o primeiro autor do primer libro editado na aditorial ''GALAXIA'' en 1951. (Antífona da Cantiga)

Grupo NóS: 
Formada por Vicente Risc, Florentino López, Ramón Otero e Antón Losada. Comparten características comúns: A súa procedencia social acomdada e a súa evolución cara o Galeguismo. Unese Castela pra proxectos artísticos, políticos e culturais.
O nome do grupo procede da revista NÓS. A Gran preparación intelectual destes permitiulles un intento de recuperación da identidade dos galegos. No plano literario, o seu logro foi a consolidación e modernizacion da prosa: E no político participaron das tese do nacionalismo e lideraron o Partido Polítíco.

Literatura da Posguerra:
Exilio: O brillante panorama literario queda truncado co inicio da Guerra Civil. Pechanse editoriais, revistas e xornáis e prohibese o galego.
Entre 1940-1950, a única produccion literaria en galego será a do exilio en América. Nestes paises poñenran en marcha revistas, creanse esditoriais. Deste modo, gran parte da literatura publicarase en América.
Entre os exiliados salñientan os nomes de Castelao, Luis Seoanes, Blanco Amor, etc. No exilio americano produciuse unha poesía de forte denuncia social.
No ano 50 xurdirón en Galiza pouco a pouco iniciativas culturais que procuran a defensa do galego a igual cas editoriais como Galaxia que inicia a recuperación das Letras Galegas.

Poesía do Exilio: A producción literaria despóis da Guerra Civil (1936-1939) desmantelamento do sistema literario, co exilio de importantes axentes culturais, o galego continuou nos paises de acollida.
As características literarias serán o compromiso Galeguista, a auxe da poesía cívica e social, a mestizaxe e o cosmopolitismo. A poesía caracterízase por retomar o ton cívico e social, notas destacada da poesía do exilio: predominio do discurso comprometido, mitificación do pasado e carácter épico realista e escasa influencia sobre a poesía do interior polas dificultades de difusión.
Teatro: Tivo maís fortuna no exilio americano ca na propia Galicia.
Narrativa: En 1940-1944 publícase en América 18 libros en Galego e xornais en Castelán. Os principais foron de Eduardo B.A. (A Esmorga) e Xosé Neira Vilas (Memorias dun neno Labrego).

5.6.11

descubrindo

LITERATURA SÉC XX
SON DE POETAS
POESÍA 
NARRATIVA
TEATRO
ANTOLOXÍA POESÍA GALEGA 

VARIANTES LINGÜÍSTICAS

PREME AQUÍ
E BOTA UNHA OLLADA A
ESTE GLOGSTER

MAZARICOS
FOZ
FONSAGRADA
BANDE
COUREL

Os vellos non deben namorarse



Os vellos non deben namorarse é unha obra teatral publicada en Bos Aires por Castelao.
Capítulo 1. Conta a historia do Boticario, un vello que está locamente namorado de Lela, pero o problema é que esta está namorada de Carabineiro e pensa casar con él, pero de súpeto a morte o advirte de que vai morrer por namorar da rapaza, e él como non pode casar con ela, prefire morrer.

Capitulo 2.Conta a historia de D.Ramón, un vello que namora de Micaela, unha rapaza moi aproveitada que só o quere polos seus bens e que encima o engana con outro.

Capítulo 3.Os pais de Pimpinela pensan que debe casar con Fuco, xa que ten moitos cartos e así a sacaría da pobreza na que se atopa.Fuco , que está tolo por ela, pídelle matrimnio, ela acepta, aínda que non o quere o o fai por amor os seus pais. O final Fuco morre, e ela chora porque as riquezas que ten non a pode disfrutar có mozo, que é ao que quere en realidade.

A historia acaba cos tres vellos tristes no cemiterio por namorarse de quen no debían, xa que elas ó final casan con mozos aos que querían.

4.6.11

GOZA DA NATUREZA

 "Ao principio había Natureza.....logo, algo pasou...e fíxose grande.....moi grande.Intentaron coexistir... ... pero non foi fácil. Aparca o teu coche......planta unha árbore.Para o quecemento global...... goza da Natureza!!"

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

É tempo de verán. Tempo de disfrutar a praia. Coida o teu ambiente.


3.6.11

AGORA !!!

Siguen as acampadas.
Tras o seu exito inicial e a generalizaxion del movemento no pais, as acampadas enfrentanse a novas realidades. A dificultade de manter un camamento a desgastado a moitos dos participantes e, de maneira mais profunda, a pregunta "¿que segue?". De estos dias quero destacaros estos dous momentos.


O intento de desaloxo da acampada da praza de Cataluña en Barcelona, que produciuse o sabado 28 de maio con o pretexto de limpar a praza e evitar choques. As imaxenes dos mossos de escuadra falan soas.



O domingo 29 ocoreu o seguinte acontecemento do que os queria falar .
O lugar e a praza do Sol en Madrid discutindodurante mas de 3 horas se os xovenes quedabanse na praza, al final acordaron que si. En madrid, realizaronse diversas asambleas barriales e en elas explicaronse os obxetivos da acampada, presentando as demandas asta agora concensadas, al tiempo que abriuse a reflexion sobre o qeu queren os pobladores.
Teño o deber de destacar que o 15m esta acompañado de deceas de experiencuas similares noutros paises europeos.





O mensaxe que abarca os corazons dos xovenes que estan nesas prazas:


¡DEMOCRACIA DIRECTA XA!
IGUALDADE JUSTICIA DIGNIDADE
SÓ SE PERDE A LUCHA QUE NUNCA EMPIEZASE

Volven Dios Ke Te Crew

O grupo galego de rap, Dios Ke Te Crew volven a carga co seu novo CD neste 2011.
Eu para explicarvos de que va o tema os deixo aca un adelanto de eles.


Este mais o resto de canciones formaran o traballo titulado Humanose .
Do resto no sabese nada, temos pouca informacion, o ultimo que puedo decirvos é que contaran coas voces de Leo I Arremecághona y Loli Nogueira.

Para que os vivades se non coñecen este grupo deixovos unha cancion sua.


2.6.11

O dramaturgo "Manuel Guede"


O dramaturgo Manuel Guede,  que exerceu de director do Centro Dramático Galego entre 1991 e 2005, logrou a unanimidade do xurado do premio de teatro Rafael Dieste.

A obra 'A función de Tequila' do ourensán Manuel Guede ha sido o gañador do XV Premio de Teatro Rafael Dieste, convocado pola Diputación de A Coruña.
A elección produxose por unanimidade entre 27 textos orixinais pola mezcla entre ficción e realidade que posee a peza teatral.
En elas se desvela que Castelao e Luis Soto foron espiados polos servicios secretos da CIA.
A xéneses da función de tequila foi que Manuel Guede comenzou a ivestigar sobre a figura de María Docampo e unha rapaza nova, guapa, morena que os galeguistas de Nova Iorque poñen como asistente de Castelao e Pereira, pero quen a puxo para vixiarlles os pasos foi a intelixencia americana.
Esta muller en Galicia foi asesinada xunto a súa nai e a súa irmá.
Este crime formou parte de toda a crónica social da Coruña da época, e o asasino foi detido e cumpliu cadea na prisión da Coruña.
O home chamabase José García Peña e era mexicano, apenas cumple trece anos no penal.
E pasou a investigar a este misterioso asasino, que resultou ser un axente da CIA.
Que veu a cumplir unha misión política, que foi asasinar a María Docampo.
Pero foiselle a man e acabou matando á irmá e a nai. Cando sae refai a súa vida nas Canarias, e no 76 aparece de novo asasinando a súa muller e a súa filla.
Entón ao final escribiu sobre este asasino, que non era o que tiña planeado.
Empezou a investigar a peripecia de Castelao en Nova York e de María Docampo, e quedou fascinado por este personaxe, chamado José García Peña, alias Jalisco.

Ademáis, o texto propón, según o xurado, un 'interesante xogo' entre o pasado e o presente, entre a realidade e os recordos, e entre os personaxes, que cambian a súa identidade para 'enganchar' a os lectores. O seu portavoz, o actor Manuel Manquiña ha subrayado a 'solidez' dun texto 'fácil de leer' que se desarrolla nun espazo escénico 'moi atractivo'. En esencia, 'a obra deixa notar a experiencia dun autor que leva años escribindo', tal e como señaló Manquiña.

31.5.11

A esmorga

Cibrán o autor conta o que lle sucedeu hai algún tempo na
cidade onde naceu en AURIA.
El é un acusado que declara ante un xuíz, contando a sua historia tráxica del e os seus compañeiros: o Bocas e o Milhomes, que eran homes marxinais.
Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha carreteira, e dinlles para ir de esmorga e o convencen. Pasan o día na cidade de Auria, de borracheira.
Ó saír dunha taberna deciden ir o pazo dos Andrada, onde din que vive unha fermosísima muller. Cando chegan a ven nunha galería de lexos, ao marchar, o Bocas comeza a ilusionarse porque quedara namorado daquela muller.
O Milholmes ten unha idea, de ir a un pazo onde traballa un parente seu, que lles invita a seguir bebendo, que máis tarde por descoido préndelle lume ao pazo, e escapan e marchan para unha casa de alterne na que lles botan fóra, e unha das mulleres dinlle a o Cibrán que o Bocas deixou un home morto a noite antes nunha taberna.
Fan plans de saír de AURIA en tran pola mañá cedo, e van a unha churrería o Milhomes rouba duas botellas de augardente. Escóndense nunha igrexa para que non lles atopen e ó saír van ó mesón do Roxo.
Decíden volver a casa dos Andrada porque o Bocas quere coñecer aquela muller da que se enamorou, entran dentro da casa e eles rouban unhas alfaias, cando a encontraron resultou ser unha boneca.
O Bocas enfurecido deciden ir a ó vertedeiro de Auria, onde vive"Socorrito" que din que está tola, e o Bocas oblígana a estar con el. Cando escoitan berros da muller van onda eles. O Milhomes saca unha navalla, e fere a Cibrán cando trata de paralo. Crávalle tamén a navalla ó Bocas e o mata. O Milhomes escapa do lugar, pero o xeo rompe e desaparece afundido.
O rematar Cibrán coa súa historia, o xuíz ordénalle voltar ó cuartelillo, pero desesperado, Cibrán colle a navalla que servira como proba e cravousena e morre.

28.5.11

Volven Dios Ke Te Crew

"Os dous de sempre"

É un libro que se basa na vida de dous personaxes dende a infancia ata a madurez. Pedriño e Rañolas, con dúas personalidades opostas, dúas historias paralelas que seguen camiños diferentes e dúas formas de vivir a vida, unha conformista e vividora moi protexido pola súa nai e outra inconformista (o personaxe e minusvalido e vive coa súa nai que ten problemas co alcoholismo)  buscase a vida como pode e quere mellorar.
Pedriño e o fillo mais vello dunha familia pobre e vive coa súa tía que o sobreprotexe demasiado. Lacazán, larpeiro, ve pasar a vida sen ningún obxetivo. - "se fose moi rico, moi rico, comeria tres tartas diarias".
Rañolas, que está impedido das pernas, sen pai e cunha nai borracha, supera tódolos obstáculos que se lle podan presentar diariamente. É activo e emprendedor e loita por unha boa vida. -"Se fose, moi rico, moi rico, andaría sempre montado nun cabalo branco".
O libro contrapon dúas formas de ver a vida, unha de ver la vida pasar sen facer nada, e conformandose co que ten, e outra idealista con soños que quere facer realidad, formar parte e mellorar a súa vida, sen conformarse en ningún momento ni compadecerse de se mesmo co as circunstancias que lle tocou vivir.
Mostranos unha nova forma de ver a vida, e expresanos que somos o que o noso propio entorno familiar nos leva a ser, pero que sempre podemos melloralo.
Na miña opinion persoal, gustoume moito este libro, e moi entretetido e fácil de ler, contache algunhas historias tráxicas pero cun tón humoristico que che fai querer seguir lendo e non deixalo ni un so momento. Anímovos a que o leades, e espero os guste.

26.5.11


 ASÍ VAI QUEDANDO XIADA DIXITAL
SE CRES QUE DEBEMOS ENGADIR ALGO...
SE QUERES FACER UNHA ENTRADIÑA INTERESANTE....
BÓTALLE UNHA OLLADA
SEGURO QUE HAI ALGO TEU
AGARDO AS TÚAS APORTACIÓNS



25.5.11

Os vellos non deben de namorarse...

¨Os vellos non deben de namorarse¨ é unha peza dramática que trata sobre os amores de tres vellos : don Saturio, don Ramón e o señor Fuco que se namoran de tres rapazas : Lela, Micaela e Pimpinela . O libro consta de tres lances independentes onde en cada un contase a historia de cada personaxe de tema e estructura semellante: a súa situación persoal,o medo a morir... Preséntanse encadrados entre un prólogo e un epílogo.
No prólogo se anticipa o tema : os amores dos vellos van emparellados coa morte. Aparece a morte como personaxe que advirte aos tres vellos as consecuencias do seus namoramentos.
No epílogo os tres vellos reúnense convertidos en esqueletos e analizan as circunstancias da súa morte :se foron felices, se realmente valeu a pena namorarse...
Dende o meu punto de vista é un libro moi divertido e interesante onde Castelao quixo manifestar a importancia aos artificios escenográficos mediante os cales modernizou o teatro galego.

Eu anímovos a que o leades !

23.5.11

Camiños galegos!

Ola! O outro día estivemos nas Fragas do Eume nunha " excursión" co instituto. Comezamos vendo un vídeo da fauna e, a continuación, emprendemos a aventura.
Empezamos facendo un pequeno traballo que, consistía en poñer os nomes das follas das árbores nun folio.
Eu paseino moi ben, sacamos moitas fotos e rímonos moito!
Tivemos que cruzar unha ponte e os rapaces movíana cando nos pasábamos!
Foi unha mañana moi divertida, ademais aprendimos cousas e a clase fíxose moito máis amena. A paixase é estupenda  e o río é impresionante coa cor azulada que ten.


Ola! eu son Héctor, e acompañei a Eva ás Fragas do Eume co resto da clase. Como ben di a miña compañeira, foi todo moi divertido, e seguramente nós iriamos de novo de excursion sen necesidade de que sexa unha actividade do instituto. 
Foi incrible, andamos moito si, pero todo por unha boa causa.
Despois da ponte, encontramonos cun camiño que era moi dificil, eu casi cain ^^ .
Non tiñamos moito tempo, e só nos deu tempo de chegar a unha casiña onde se gardaban as castañas, ali coidábanse para que durasen todo o ano.


RECOMéNDOCHO !!!! Ademais poderás descubrir isto



Aire negro - Agustín Fernández Paz

Bos días!
Estes pasados días estiven lendo un libro, e sinceramente gustoume moito. Ao principio non me convencía de todo, pero cando comezaron as situacións de medo e os sucesos inexplicables que lle ocorrían á protagonista, quedei enganchada e non puiden parar de ler...
Se vos gustan os libros de suspense e misterio, "Aire negro" é perfecto para vós. Descubriredes un mundo que irá máis alá da vosa imaxinación e que vos deixará impresionados.
Adiante!

22.5.11

TABOLEIRO NOVO!!

Aquí deixo o meu taboleito rematado, espero que vos sirva de axuda! ;)

19.5.11

As homenaxes chegan ata Nova York.


Hoxe por casualidade lín no periódico (La voz de Galicia) que o mesmo irman de Lois foi ata Queens, Nova York para participar nesta homenaxe. Onde se estivo falando da vida do autor e de que aínda de que este non era moi festeiro gustaríalle estar alí. O artículo comeza dicindo o seu irman o seguinte:

E por sorte ou desgraza cumpriu as tres.

Tamén nos fala de que o pasado sábado 14 de maio, o centro galego de Lima, tamen lle dedicou un homenaxe o que asistiu o embajador español de Perú: o coruñés Javier Sandomingo.

Gustoume moito encontrarme esta noticia no periódico. 
É sinal de que as letras galegas non só son importantes na propia Galicia, 
que tamén poden chegar ao outro lado do mundo.



Lois Pereiro


Naceu en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958, estuda no colexio dos Escolapios e comeza a escribir con 15 anos. Ó finalizar COU marcha cara Madrid onde estudará Ciencias Políticas e Sociolóxicas. Máis tarde funda alí a  revista Loia con Antón Patio, Manuel Rivas  e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.

Cara 1981 marcha vivir a Coruña, onde se une a revista La Naval. Nesa época entra en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio López Valcrcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor e De amor e desamor II e colaborando en numerosas revistas.

Tamén traballou como traductor de alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema e de televisión: publicou dous poemarios e en 1996, o ano da súa morte saíu a luz Poemas para unha Loia, onde se recollen obras da época madrileña, publicadas xa na revista Loia.

A súa morte foi debida a unha intoxicación  por aceite de colza,  a parte de estar enfermo de SIDA.

18.5.11

Nato na terra dos soños...

Bueno este trimestre Pepa mandounos elexir un libro que fora de Cunqueiro, Blanco Amor, Ánxel Fole... e eu sen dudalo escollín a Cunqueiro. Pra min é máxico, xa que consegue facernos entrar nun mundo fantástico por moi negro que este o real...que vos esperabades é de Mondoñedo :P.

Xosé Liñeiras.

Este home naceu con seis dedos na man dereita e outros seis dedos no pe dereito, era coñecido por Pepiño Seisdedos.
Foi visitalo unha tía súa que vivía na Habana e contoulle a Pepiño que xa máis familiares seus tiveran seis dedos, o que quería dicir que os seis dedos viñan de herdanza familiar. Dende aquela xa non se avergoñaba dos seus dedos e amosabaos a quen o desexase. Sempre andaba co pé limpísimo xa que iba a moitas feiras pra averiguar se existía alguén máis con seis dedos, porque como iso viña de herdanza, os que tiveran seis dedos tiñan que ser familiares de seu.

Amadeo de Sabres.

Todo empezou un día no que Amadeo ía pra a feira de Negreira, saiu da súa casa e decatouse de que esquecera o paraugas, volveu por el e este asubioulle. Amadeo desta vez non lle deu maior importancia.
Pero chegou o día no que Amadeo non podía tomar ningunha decisión libremente, xa que todas as cousas asubiábanlle dandolle ordes. Empezaron a asubiarlle tamén as persoas, e como ao médico non podía levar todo o que lle asubiaba decidiu tapoarse os oídos, así foi como se deu de conta de que non eran as cousas as que asubiaban senon que era el mesmo...volveuse tolo e levarono a Conxo.

O loro das Esmelgas.

Un da familia dos Esmelgas, que estaba en Brasil, trouxo un loro foi a novidade durante algún tempo na bisbarra xa que non se falaba doutra cousa. O cura de Moade, don Paco Silvestre, quería ensinarlle latín pero o loro berraba a cada momento, "Eu son Café Filho!".
O loro púxose malo ao estar acostumado ao calor de Brasil e pasar ao frío e a humidade das brétemas meiregas. Don Paco queria mandalo a xunto do cura de Panticosa, no Pirineo aragonés, a un sanatorio onde estaba comprometido a pagarlle seis meses de hospedaxe ao loro. Pero Café Filho morreu antes de que chegara a resposta. Enterrarono decentemente en campo santo nunha lata de doce de marmelo.

Tristán García.

Tristán nunca soupo de onde proviña o seu nome e non coñecía a ninguén que se chamase como el.
Este foi facer a mili a León, e alí comprou nun quiosco "La verdadera historia de amor de Tristán e Isolda", ao fin sabería de quen proviña o seu nome. Ao acabar de ler a historia púxose a buscar a súa Isolda desesperadamente. Un día chamouno un sarxento e dixolle que había unha viuda chamada Isolda que traballaba de churreira.
Tristán foi a buscala  e cando a encontrou veu que era unha velliña cos cabelos brancos índa asi decidiu falarlle, en canto Tristán lle dixo o seu nome a pobre Isolda púxose a chorar. Entre bágoas esta dixolle que estivera agardando pero como non chegou casouse cun tal Ismael.
Tristán foise moi triste cara a estación e cando ía subir ao tren, apareceu Isolda cun paquetiño de churros, doullo a Tristán e bicoulle a man. Isto é amor!


Bueno estas foron unhas cantas historias do libro. A min encantoume xa que é moi ameno e cada historia é diferente, asique aseguroche que non te vas aburrir.

Lois Pereiro - Samuel